EDLG do CEIP RECIMIL



QUEN SOMOS?
endlrecimil
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

OUTRO PERSONAXE CO QUE
A MARIMANTA

Marimanta é a meiga do saco, rouba nenos e fainos desaparecer.
É unha vella fea e chepuda, que sempre leva un saco enriba da chepa e vai pidindo polas casas. Hai que darlle algo para que non teña a oportunidade de se vingar dun e ter coidado dos nenos porque ao menor descoido marcha con eles e nunca volven a aparecer.
Se un se atopa con ela e ve que o saco abulta moito debe detela e abaneala para que solte a súa presa. Din que anda polos camiños dende o tempo dos mouros e que non fala porque ninguén entende a súa lingua.
Comentarios (0) - Categoría: Magosto - Samaín - Publicado o 12-10-2011 19:04
# Ligazón permanente a este artigo
XA CHEGA O SAMAÍN
PREPÁRATE PARA ESCRIBIR O TEU CONTO DE MEDO.

PROXIMAMENTE CONVOCARASE O IV CONCURSO DE CONTOS DE MEDO.


ESTE É UN PERSONAXE CO QUE PODES "XOGAR" NESTE TEMPO DE MEDO.....


O SACAÚNTOS
O Sacaúntos é un personaxe “asustanenos”.Ao igual que o Home do Saco é un personaxe grande e mal vestido. Ás veces tamén se lle chama papón, en alusión a que pode papar (comer) a alguén, especialmente aos nenos.
O Sacaúntos, de ollar terrible, dedícase a sacarlle a graxa aos nenos pequenos ata deixalos nos ósos. Unha vez ten o unto marcha para o bosque onde o come para volverse forte e vigoroso coma os nenos. Tamén hai quen di que o Sacaúntos lle vende a graxa ao vellos do lugar, conseguindo así cartos para poder cambiar o seu sangue por un máis novo.
Comentarios (1) - Categoría: Magosto - Samaín - Publicado o 12-10-2011 18:42
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal
Creative Commons License
Esta obra está baixo unha licenza Recoñecemento-Non comercial 2.5 España de Creative Commons.