EDLG do CEIP RECIMIL



QUEN SOMOS?
endlrecimil
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

A MÁZCARA DE MANZANEDA
XA ESTÁ AQUÍ O NOSO QUINTO MECO!!!!


Nesta ocasión chega dende Cabeza de Manzaneda e chámase MÁZCARA.

É moi chamativo o seu gorro de forma cónica e adornado con guirlandas, papeis multicolores e flores. Chamáselle pucho e vai unido á cabeza cun pano. Tapan a cara cunha máscara.

Visten camisa e calzón brancos. Por riba da camisa levan unha mantilla española cruzada sobre o peito.

Adornan o pantalón con lazos e puntillas e do ombro colgan fitas de cores.

A vestimenta complétase cun caxato que vai revestido de fitas e cun cinto do que colgan varias chocas.

O Entroido de Manzaneda organízase en torno aos FULIÓNS, grupos musicais que van dunhas parroquias a outras e que levan un xefe e varias MÁZCARAS que van bailando e facendo soar as súas chocas.
Comentarios (0) - Categoría: Entroido - Publicado o 31-01-2013 19:15
# Ligazón permanente a este artigo
O LIBRO MALDITO
O LIBRO MALDITO

Chámome Sara, teño nove anos e vou contarvos algo que ocorreu de verdade, un 31 de Outubro.
Ese día estaba chovendo, polas nubes parecía que estaba o día coma se fose de noite. Tamén tronaba. Miña nai e máis eu íamos camiñando á biblioteca, que tiña máis de douscentos anos.
Cando chegamos, fun mirar nos andeis os libros que había.

-¡Plaf!
De repente caeu un libro, recollino, parecía que tiña un aire misterioso e a bibliotecaria miroume con cara de preocupación.

O libro era marrón e as súas follas dunha cor amarelada, mirei detrás dos andeis, pero… non había ninguén:
-Que estraño! – pensei e leveime o libro tan enigmático.
Cando cheguei á casa ceei e fun ao meu cuarto a ler o libro pero… levei un disgusto, non se entendía a linguaxe do libro. Parecía moi antigo. Vin que tiña uns debuxos moi raros nos que aparecían esqueletos.
De repente caeu enfrente da nosa casa un raio e o ceo escureceuse aínda máis.
Entón saiu un torbellino e as imaxes do libro fixéronse reais.

-Ahhh !!! – berrei a pleno pulmón.
Os esqueletos perseguíanme e fuxín berrando polas escaleiras abaixo.

Tiven unha idea, iría á biblioteca, pois alí fora onde collera o libro. Conseguira cegar á biblioteca, cerrei a porta rapidamente porque os esqueletos me perseguían. Quedaron alí arrabuñando na porta coas súas longas falanxes. Mentras conteille á bibliotecaria o que estaba a pasar.
Ela puxo cara de espanto e díxome:
-Rápido, queda pouco tempo, a lúa vai poñerse e tes que conseguir que os esqueletos volvan ao libro, para iso utiliza este espello, reflexa a luz da lúa e diríxea contra os esqueletos!

Os esqueletos seguían na porta e…estaban a rompela!
Quedábame pouco tempo! De súpeto tiven unha idea: poderiamos escapar polo conduto de ventilación.
Así que as dúas rapidamente dirixímonos ao conduto de ventilación, intentamos abrir a tapa pero non o conseguiamos.

-Bang!
Os esqueletos xa romperan a porta e nós aínda estabamos intentando entrar. Por fin conseguíramos quitar a tapa.
-Imos! –dixen eu e seguimos arrastrándonos.

Os esqueletos ían detrás nosa. Cando chegamos fóra os esqueletos acorralábannos e un deles tiroume o espello.

-Non! – berrei.

Entón a bibliotecaria colleu unha pedra e lanzoulla a un esqueleto. Grazas a isto conseguín recuperar o espello.

- Non queda moito tempo! – berrei.
Entón conseguín o espello e os iluminei. De repente fundíronse. Collín o libro e metín as súas cinzas dentro, dinllo á bibliotecaria e esta gardouno onde ninguén puidera collelo.

Sabela Novoa Gómez 5º B CEP Ventín
Comentarios (0) - Categoría: Magosto - Samaín - Publicado o 30-01-2013 16:59
# Ligazón permanente a este artigo
O COLEXIO ENCANTADO
O COLEXIO ENCANTADO

Vouvos contar unha historia que sucedeu aquí, neste colexio:

Dúas amigas estaban xogando no recreo. Cando sonou o timbre as dúas nenas entretivéronse e, de repente, apareceu unha néboa moi espesa, cando a néboa foi desaparecendo levou aos nenos con ela.

Ao día seguinte a nena maior apareceu no colexio e contou esta historia:

Dise que o espírito da nena máis pequena continúa rondando polo RECIMIL, ata que a néboa leve a outro neno ou nena para que ela quede libre.

Así que:

Non cheguedes tarde á clase despois do recreo!

FIN


Duna Bermúdez Blas
4º A
CEIP RECIMIL
Comentarios (0) - Categoría: Magosto - Samaín - Publicado o 30-01-2013 16:53
# Ligazón permanente a este artigo
A CASA ENCANTADA
Unha noite escura de outubro no Milladoiro, cerca da parada “A MAGDALENA” había unha casa baleira chea de teas de araña que parecía unha casa encantada.
Un señor que pasaba por alí timbrou na porta. A porta abriuse lentamente e cando se abriu de todo o señor desapareceu entre a escuridade da casa.
Despois oiuse unha risa dentro da casa. ¿De quen sería esa risa? ¿Quen atraparía pola espalda ao señor?
En realidade esa casa era a casa dos monstros. Estes querían estar cos humanos e, por fin, conseguírono. Había un montón de monstros, Frankinsteins, momias, vampiros, morcegos, bruxas, esqueletos, pantasmas, cabazas, arañas… Todos os monstros o pasaban moi ben.
Ademais, os monstros eran bos e parecían moi agradables. Estabase moi ben alí, ata o señor o pasaba xenial… pero, de repente, alguén abriu a porta, era un vello inimigo do vampiro. O vampiro deuse conta de que era o seu inimigo, o vello espírito, e entón fixeron unha pelexa. O que perdera deixaría de molestar ao outro e o que gañara molestaría ao outro cando quixera, e os dous aceptaron.
De momento ía perdendo o vampiro pero os amigos decidiron axudarlle e ao final gañou. Despois o espirito dixo:
-Vale, está ben, vou deixar de molestarte e ti podes molestarme cando queiras.
-Pero, que dis? Eu non te vou molestar nunca.
-De verdade? Moitas grazas.
E ao final o espírito e o vampiro deixáronse en paz e todo volveu ser coma antes e cada semana o vampiro e o espírito visitábanse por turnos.

2ºA de E.P. do CEP Ventín

Comentarios (0) - Categoría: Magosto - Samaín - Publicado o 30-01-2013 16:44
# Ligazón permanente a este artigo
OS ESQUELETES ROSALÍA E CELSO
OS ESQUELETES ROSALÍA E CELSO

Érase unha esqueleta chamada Rosalía, que era un pouco mala. Rosalía sempre andaba facendo cousas que molestaban aos demais.
Un día mordeu a un home que se convertiu en esquelete.
Celso, un príncipe esquelete quería moito a Rosalía. Pero o rei e a súa nai, a raiña, non lle deixaban saír con Rosalía porque era mala. Celso non quería separarse e Rosalía quería ser boa.
Entón a raiña decidiu axudalos. Díxolle a Rosalía que tiña que convertir ao esquelete en home outra vez. Rosalía convertiu ao esquelete en home e a raiña púxose contenta.
Os reis deixaron que Celso e Rosalía estiveran xuntos. E Rosalía e Celso foron felices para sempre.

Blanca, Sara, Carlos, Nicolás e Uxía. 2º B CEIP Ventín
Comentarios (0) - Categoría: Magosto - Samaín - Publicado o 29-01-2013 18:01
# Ligazón permanente a este artigo
RUÍDOS NO CEMITERIO
RUÍDOS NO CEMITERIO

Unha noite de treboada, meu avó contoume unha historia que lle sucedeu cando era mozo.
Nunha tarde de outono, escura, encontrábase meu avó xogando ás agachadas cos seus amigos, cerca dun cemiterio, e querendo gastar unha broma ao seu amigo, escondéronse dentro do cemiterio. Cando estaban agochados tras dunha lápida oiron uns ruídos e saíron de alí correndo.
Ao día seguinte foron a ver ao señor cura para contarlle o que oíran; o cura non lles fixo caso e botoulles un sermón por xogar onde non debían, pero cando os rapaces marcharon quedou pensando que ruídos serían; facía só catro días que enterraran unha rapaza nova que aparecera morta de repente na súa casa. Pola tarde foi buscar ao sepultureiro e os dous xuntos achegáronse ao cemiterio.
Abriron o nicho onde enterraran a rapaza. Cando levantaron a tapa do ataúde encontraron o Corpo da rapaza retorto, toda despeluxada, coas mans cheas de pelo e a tapa do ataúde toda arañada. Nin o cura nin o sepultureiro souberon que facer. Decidiron deixar todo como estaba e non contar nada a ninguén pero os cativos estaban vixiando e saíron de alí correndo e mortos de medo.
Non se lles ocorreu nunca máis volver xogar nun cemiterio.
Esta historia sucedeu no pobo de Guitiriz (Lugo)

Andrea Prado Uriz 5º B
Comentarios (0) - Categoría: Magosto - Samaín - Publicado o 29-01-2013 17:56
# Ligazón permanente a este artigo
A AMEAZA DA MORTE
A AMEAZA DA MORTE

Nunha aldea de Galiza pasou a Morte polas casas dicindo que levaría ao máis vello da familia que non tivese na porta unha cabaza ou algo de comer. O neno máis novo foi ao monte e atopou a un vello apañando castañas e cabazas.

- Señor, dariame un melón para facer unha cabaza?
- Toma, neniño.

Pero a Morte vixiando agochada no millo díxolle ao vello:

- Se lle dás o melón, lévote comigo.

O vello enfadado escorrentouna tirándolle os ourizos das castañas.
A Morte fuxiu chea de picadas.
O neno apañou as castañas deses ourizos e coceunas para facer un fermoso colar de castañas cocidas e unha gran cabaza que alumeaba á porta da casa.
E así salvou a vida do seu avó.



Elisa Morgade Anca

3ºB
Comentarios (0) - Categoría: Concurso de Contos de Medo - Publicado o 29-01-2013 17:51
# Ligazón permanente a este artigo
A FESTA MÁIS TERRORÍFICA DO MUNDO
A FESTA MÁIS TERRORÍFICA DO MUNDO

Era 31 de outubro. Cun día anubrado e siniestro. Eran as 22:30.
Na casa de Xavier, o meu mellor amigo, era a festa do Samaín.
Eu son un pouco… medorento, estaba moi nervioso por se me dan algún susto cOma todos os anos. Pero este ano estou preparado para todo.
-Xa é a hora- Dixen eu a miña nai.
- Non te esquezas do abrigo que vai frío.
-Xa o sei.
Cando ía coller o abrigo, descubrín unha pequena nota, que poñía:
“NON VAIAS Á FESTA, OU TE ARREPENTIRÁS”.
Eu pensEi que era obra do meu irmán. É moi pesado.
Non fixen caso, collín o abrigo e fun de camiño á casa de Xavier.
Cando cheguei á casa, as luces estaban apagadas.
“Seguro que é un susto dos de sempre” pensei.
Entrei, non había ninguén. Estaba morrendo de medo. Subín arriba e tampouco había ninguén.
De súpeto escoitei uns ruidos no armario.
Aínda que tiña moito medo, abrín a porta e saiu un esqueleto!!
Non sabía que facer, se irme para a casa ou investigar.
Decidín volver á casa por medo, pero pechouse cun escandaloso ruído.
-Agora, que fago? -dicía para min.
Fun a ver outra vez ao esqueleto. Estaba moi nervioso e asustado.
Ía tocar o esqueleto e … prendéronse as luces.
Eran Xavier e os demais.
Claro está, era a estúpida broma do Samaín.
-Gustouche a broma? Je Je Je.
-Non! Pasei moito medo, sobre todo co esqueleto.
-Que esqueleto?
-Ese de aí. Ehh?
O esqueleto desaparecera, que pasou…
Iso quedará para outro día…


Martín Alonso Gamarra.
5º A
CEP Ventín
Comentarios (0) - Categoría: Concurso de Contos de Medo - Publicado o 29-01-2013 17:48
# Ligazón permanente a este artigo
O HOME DO SACO
O HOME DO SACO

Sucedeu hai moito tempo que apareceu un home tan feo que todos os nenos se asustaban moito.
O home tan feo foi a unha casa e colleu o neno e meteuno no saco e levouno á auga.
Pero o neno saiu e se foi correndo.

Cristina López 2º A

Comentarios (0) - Categoría: Concurso de Contos de Medo - Publicado o 25-01-2013 21:40
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal
Creative Commons License
Esta obra está baixo unha licenza Recoñecemento-Non comercial 2.5 España de Creative Commons.