EDLG do CEIP RECIMIL



QUEN SOMOS?
endlrecimil
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

O TEMPO DE ENTROIDO ACHÉGASE
ImageChef.com - Custom comment codes for MySpace, Hi5, Friendster and more


Hai uns días recibimos este interesante selo.
Algo especial deben estar preparando no noso colexio. Quen será? De onde virá?
Comentarios (3) - Categoría: Festas e tradicións galegas - Publicado o 23-01-2010 00:23
# Ligazón permanente a este artigo
ADIVIÑA Nº 100
Nunha saba branca

dous buratiños farei

que coincidan cos ollos

e así me disfrazarei.

Podes dicirme de que?


Adiviña enviada por Marcos Porta Ancas.
Comentarios (8) - Categoría: As adiviñas - Publicado o 15-01-2010 23:21
# Ligazón permanente a este artigo
ADIVIÑA Nº 99
UNHA ÁRBORE CON DOCE CANAS,

CADA CANA CON CATRO FOLLAS,

CADA FOLLA SETE FILLOS,

CADAQUÉN TEN O SEU NOME,

ADIVIÑA TI O QUE AQUÍ SE ESCONDE.
Comentarios (7) - Categoría: As adiviñas - Publicado o 02-01-2010 18:32
# Ligazón permanente a este artigo
ADIVIÑA Nº 98
AS PEDRAS DÉRONME A VIDA,

O AIRE AUMENTOUMA

E A AUGA SACOUMA.


QUEN SON?
Comentarios (3) - Categoría: As adiviñas - Publicado o 02-01-2010 18:28
# Ligazón permanente a este artigo
ADIVIÑA Nº 97
PELO POR BAIXO, PELO POR RIBA

E NO MEDIO UNHA COUSA VIVA.


QUE É?
Comentarios (7) - Categoría: As adiviñas - Publicado o 02-01-2010 18:26
# Ligazón permanente a este artigo
ADIVIÑA Nº 96
LA BRANQUIÑA
LA DE AÑIÑA,
LA DE OVELLA QUE NON PACE,
MAIS ONDE ELA XACE,
MAIS ONDE ELA POUSA
-PRADO, AGRO OU CHOUSA-
NON AMOSA HERBIÑA.


Adiviña de UXIO NOVONEYRA, POETA QUE SERÁ HOMENAXEADO NO DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2010.
Comentarios (8) - Categoría: As adiviñas - Publicado o 02-01-2010 18:18
# Ligazón permanente a este artigo
ADIVIÑA Nº 95
QUE COUSA SERÁ

QUEN TEN ORELLAS COMO O GATO

PÉS COMO O GATO,

RABO COMO O GATO,

OLLOS COMO O GATO

E GATO NON É?
Comentarios (5) - Categoría: As adiviñas - Publicado o 01-01-2010 22:40
# Ligazón permanente a este artigo
ADIVIÑA Nº 94
CO RABO ENTRE AS PERNAS

A MALA VECIÑA

VÉN TODAS AS NOITES

ROUBAR A GALIÑA.

QUEN É?
Comentarios (2) - Categoría: As adiviñas - Publicado o 01-01-2010 22:33
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal
Creative Commons License
Esta obra está baixo unha licenza Recoñecemento-Non comercial 2.5 España de Creative Commons.