EDLG do CEIP RECIMIL



QUEN SOMOS?
endlrecimil
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Yaiza e a pantasma dos vales.
Hai seis anos naceu unha nena moi fermosa. Tiña os ollos azuis, a pel branca e os cabelos de ouro A nena chamábase Yaiza. Era unha pastora alegre e risoña. Un día que levaba o seu rabaño a un prado, unha das súas ovellas comezou a balar moi forte e Yaiza recordou os consellos da súa nai e correu ata un pequeno burato na rocha e meteuse alí. Yaiza estaba nerviosa e moi asustada. De repente viu unha sombra moi nítida, pero unha sombra. A súa nai contáballe que a pantasma dos vales collía a ánima dos nenos. A sombra levaba unha loba delgaducha por unha cadea de ferro. Estaba moi famenta. Yaiza non podía máis, suaba moito. De súpeto, como se alguén a chamase foi ata a pantasma. E simplemente dixo:
-Buuuuu
A pantasma volveuse e, ao ver unha nena tan fea para el, fuxiu voando deixando a loba coa nena. A loba famenta correu ata ela disposta a mordeulle. Yaiza esperou unha dor atroz, pero, como era moi pícara colleu unhas larpeiradas e lanzoullas e a loba pillounas ao vo, comeunas e… Gustáronlle!
A loba fíxose amiga da nena e a pantasma dos vales nunca volveu molestar aos habitantes da aldea.
Elena 4º A
Comentarios (0) - Categoría: Concurso de Contos de Medo - Publicado o 04-01-2009 23:45
# Ligazón permanente a este artigo
O Samaín
No pobo onde eu vivo celebramos o Samaín (31 de outubro). O primeiro día de novembro celebramos a noite nova (noite vella). Tamén significaba a chegada do inverno.
No noso pobo cremos que esa noite ábrese a porta que comunica o mundo dos vivos co dos mortos; ti podes falar coa xente que coñecías e agora xa non está. Acendemos fogueiras para que os mortos nos poidan ver, e poidan ver o camiño que conduce ata nós.
Un veciño do pobo morreu hai un ano e sempre quixen comprobar se o que me contaban os meus pais dende que fora nena era certo; así foi que saían á beirarrúa, pese as prohibicións que había para deambular polo pobo e acendín unha fogueira nun bosque próximo.
Esperei tremendo de medo ata que oín un son ao lonxe. Pensei que era un animal, ou un druída contendo morcegos no seus ocos de ouro, pero non, o son era como de ultratumba.
De súpeto vin ao meu veciño coa cara desfeita, chea de vermes e a carne putrefacta. Acercouse e preguntoume:
-Onde está a miña muller?
Eu non o sabía, ademais quedara muda da impresión, así que non contestei. El volveu preguntar e eu seguía sen falar.
Abrazoume e díxome:
-Se a miña muller non está ti virás comigo.
E agora eu son unha morta vivinte que todos os 31 de outubro busca a fogueira que conduce ao meu fogar.
Candela 5º A
Comentarios (1) - Categoría: Concurso de Contos de Medo - Publicado o 04-01-2009 23:23
# Ligazón permanente a este artigo
O cabaleiro medieval
Había unha vez un neno que se chamaba Xoán e outro Xosé. Un día na noite de Samaín foron a un castelo abandonado e atoparon a tumba dun cabaleiro medieval. Abriron o sarcófago para ver que había dentro. De repente oíron unha voz tenebrosa que dixo:
-Son o cabaleiro Rigoberto e estádesme molestando.
Os nenos miraron cara a torre do castelo a viron a silueta dun cabaleiro coa cabeza de fogo. Os nenos aterrorizados saíron correndo para as súas casa. Entón escoitouse unha forte risa e o cabaleiro sacouse a cabeza resultando ser o seu amigo Pedro que estaba disfrazado cunha cabaza.
Natalia 3ºA

Comentarios (0) - Categoría: Concurso de Contos de Medo - Publicado o 04-01-2009 23:09
# Ligazón permanente a este artigo
Sabías que Gandhi..

O 30 de xaneiro de 1948, Gandhi dirixíase a rezar cando un fanático, Hathuram Godse, lle dispara tres tiros.
O sorriso de Gandhi transfórmase nun xesto de dor e antes de morrer bendice ao seu asasino.
Comentarios (2) - Categoría: Celebración do Día da Paz - Publicado o 04-01-2009 17:47
# Ligazón permanente a este artigo
Sabías que Gandhi..

En numerosas ocasións Gandhi usou o xaxún como forma de protesta.
Estando na cárcere de Yervada iniciou un “xaxún ata a morte” en contra do tratamento político que se lle daba aos intocables. Conseguiu que estes non volvesen ser discriminados en cuestión electorais.
Comentarios (3) - Categoría: Celebración do Día da Paz - Publicado o 04-01-2009 17:45
# Ligazón permanente a este artigo
Sabías que Gandhi..

O 10 de xullo de 1891 consegue o título de avogado.
Pero como era moi tímido e non se atrevía a falar en público, a súa primeira actuación profesional foi un fracaso; quedouse mudo ao dirixirse ao tribunal e non puido continuar.
Comentarios (1) - Categoría: Celebración do Día da Paz - Publicado o 04-01-2009 17:39
# Ligazón permanente a este artigo
Sabías que Gandhi..

Como nos seus estudos na India non era moi bo, a súa familia decidiu envialo a Londres para cursar estudos de avogacía.
Marchou cando tiña dezanove anos. Acababa de ser pai por primeira vez.
Comentarios (0) - Categoría: Celebración do Día da Paz - Publicado o 04-01-2009 17:37
# Ligazón permanente a este artigo
Sabías que Gandhi..

Casou aos trece anos con Kasturbai, que tiña a súa mesma idade. Foi un matrimonio concertado seis anos antes polos seus pais.
Comentarios (1) - Categoría: Celebración do Día da Paz - Publicado o 04-01-2009 17:35
# Ligazón permanente a este artigo
Frases de Gandhi

A VERDADEIRA EDUCACIÓN CONSISTE EN OBTER O MELLOR DUN MESMO.
Comentarios (2) - Categoría: Celebración do Día da Paz - Publicado o 04-01-2009 17:31
# Ligazón permanente a este artigo
Frases de Gandhi

PARA UNHA PERSOA NON VIOLENTA, TODO O MUNDO É A SÚA FAMILIA.
Comentarios (0) - Categoría: Celebración do Día da Paz - Publicado o 04-01-2009 17:29
# Ligazón permanente a este artigo
1 [2] [3]
© by Abertal
Creative Commons License
Esta obra está baixo unha licenza Recoñecemento-Non comercial 2.5 España de Creative Commons.