EDLG do CEIP RECIMIL



QUEN SOMOS?
endlrecimil
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

111. Unha de libros
O libro de Lingua ten máis páxinas que o libro de Música e tamén ten máis que o libro de Inglés. O libro de Matemáticas ten máis páxinas que o de Inglés, pero menos que o de Música. Con estes datos podes dicirme cal é o libro que ten menos páxinas e cal é o que ten máis?

SOLUCIONADO
Comentarios (2) - Categoría: Pasatempos - Publicado o 17-12-2011 17:26
# Ligazón permanente a este artigo
110. Cousa curiosa
Que se pon sobre a mesa, córtase, repártese e non se come?


SOLUCIONADO
Comentarios (4) - Categoría: Pasatempos - Publicado o 11-12-2011 22:04
# Ligazón permanente a este artigo
109. As catro saídas
Iago está nunha illa que só ten catro saídas. Nunha delas hai dous tigres vixiando. Noutra hai tres panteiras furiosas. Na terceira está un leopardo e na cuarta hai leóns mortos de fame.

Por cal delas sairá Iago?

SOLUCIONADO
Comentarios (2) - Categoría: Pasatempos - Publicado o 11-12-2011 21:56
# Ligazón permanente a este artigo
108. Federico e as súas fotos
Federico xa colocou as súas catro primeiras fotografías no seu album. A foto da súa viaxe a Ourense vai inmediatamente detrás da foto da súa familia. A foto do Magosto vai diante da do seu viaxe a Ourense. E finalmente direivos que a foto do seu can non é a primeira nen a última.
Que foto é a primeira, cal a segunda, a terceira e a cuarta?

SOLUCIONADO
Comentarios (2) - Categoría: Pasatempos - Publicado o 10-12-2011 18:47
# Ligazón permanente a este artigo
107. Un número curioso
Que número se lle quitas a metade é igual a cero?


SOLUCIONADO
Comentarios (5) - Categoría: Pasatempos - Publicado o 10-12-2011 18:46
# Ligazón permanente a este artigo
106. Cabezas e pés.
Cal é o animal que ten os pés na cabeza?


SOLUCIONADO
Comentarios (2) - Categoría: Pasatempos - Publicado o 01-12-2011 22:48
# Ligazón permanente a este artigo
105. Dúas nenas moi mentirosas.
Claudia e Naiara son dúas nenas moi mentirosas. Claudia conta mentiras os luns, martes e mércores e os demais días da semana conta a verdade. Naiara minte os xoves, venres e sábado e os demais días da semana conta a verdade. Un día que se atopan na rúa ten lugar este diálogo:
Onte tocoume mentir a min -dixo Claudia.
Tamén me tocou mentir a min ? dixo Naiara.

¿En que día da semana tivo lugar esta conversación?

SOLUCIONADO
Comentarios (2) - Categoría: Pasatempos - Publicado o 01-12-2011 22:42
# Ligazón permanente a este artigo
104. Un problema de dentes.
Cal é o animal que ten máis dentes?


SOLUCIONADO
Comentarios (2) - Categoría: Pasatempos - Publicado o 01-12-2011 22:39
# Ligazón permanente a este artigo
103. Xa chegan as notas.
Pablo, Iago, Brais, Ismael e Marcos son moi amigos. Hoxe recibiron as súas notas de matemáticas. Brais conseguiu mellor nota que Pablo. Iago sacou unha nota máis baixa que Marcos, pero máis alta que a de Ismael. Marcos ten peor nota que Pablo.

¿Podes dicirme cal foi o que sacou mellor nota? ¿E quen sacou a peor?


SOLUCIONADO
Comentarios (2) - Categoría: Pasatempos - Publicado o 30-11-2011 23:09
# Ligazón permanente a este artigo
102. Enredo familiar.
O meu avó ten 50 anos e o meu tío a metade. O meu curmán e a miña curmá lévanse un ano e a suma das súas idades é igual á idade do meu tío.
A suma da idade do meu avó, do meu tío e a dos meus curmáns é igual a 100.

¿Cantos anos ten cada un deles?

SOLUCIONADO
Comentarios (2) - Categoría: Pasatempos - Publicado o 20-11-2011 18:49
# Ligazón permanente a este artigo
[1] ... [5] [6] [7] 8 [9] [10] [11] ... [45]
© by Abertal
Creative Commons License
Esta obra está baixo unha licenza Recoñecemento-Non comercial 2.5 España de Creative Commons.

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0