EDLG do CEIP RECIMIL



QUEN SOMOS?
endlrecimil
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

NOITE DO MARTES E 13
Primeiro día de clase. Estaba moi asustada, lóxico o instituto era un antigo castelo gótico do século XIX, con górgolas e o que eran antigamente mazmorras (pero transformaranse en aulas de castigo).
Eu nunca me fixara en ningúen, pero estaba ese rapaz... Cabelo negro, ollos escuros como a media noite, que levaba a versión negra do uniforme.
Nas clases sempre se sentaba detrás de min e sentía os seus ollos mirándome coma un depredador...
A noite do martes e trece había lúa chea e saín para observala. Oín unhas pisadas detrás de min; xireime, pero alí non había ninguén. Volvín retomar o meu camiño cando me tropecei con ese rapaz... El non pareceu inmutarse polo golpe, pero eu caín de costas. Estábame empezando a sentar cando el se abalanzou sobre min e inmobilizoume no chan. Os seus ollos brillaban como se tiveran vida propia. Mordeume no pescozo.

Novas do xornal: Unha rapaza de 17 anos atopouse morta nn bosque preto da cidade, o corpo estaba desangrado.

Nerea Bernal Fernández.
2ºA IES Ferrolterra
Comentarios (1) - Categoría: III Concurso de contos de medo. Curso 2010 - 2011 - Publicado o 20-11-2010 16:53
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
1 Comentario(s)
1 moi ben uncon#blgtk08#to moi bnito
Comentario por Iago Marcos Pablo y isma (10-12-2010 12:44)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
Creative Commons License
Esta obra está baixo unha licenza Recoñecemento-Non comercial 2.5 España de Creative Commons.

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0