EDLG do CEIP RECIMIL



QUEN SOMOS?
endlrecimil
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

O LIBRO MALDITO
O LIBRO MALDITO

Chámome Sara, teño nove anos e vou contarvos algo que ocorreu de verdade, un 31 de Outubro.
Ese día estaba chovendo, polas nubes parecía que estaba o día coma se fose de noite. Tamén tronaba. Miña nai e máis eu íamos camiñando á biblioteca, que tiña máis de douscentos anos.
Cando chegamos, fun mirar nos andeis os libros que había.

-¡Plaf!
De repente caeu un libro, recollino, parecía que tiña un aire misterioso e a bibliotecaria miroume con cara de preocupación.

O libro era marrón e as súas follas dunha cor amarelada, mirei detrás dos andeis, pero? non había ninguén:
-Que estraño! ? pensei e leveime o libro tan enigmático.
Cando cheguei á casa ceei e fun ao meu cuarto a ler o libro pero? levei un disgusto, non se entendía a linguaxe do libro. Parecía moi antigo. Vin que tiña uns debuxos moi raros nos que aparecían esqueletos.
De repente caeu enfrente da nosa casa un raio e o ceo escureceuse aínda máis.
Entón saiu un torbellino e as imaxes do libro fixéronse reais.

-Ahhh !!! ? berrei a pleno pulmón.
Os esqueletos perseguíanme e fuxín berrando polas escaleiras abaixo.

Tiven unha idea, iría á biblioteca, pois alí fora onde collera o libro. Conseguira cegar á biblioteca, cerrei a porta rapidamente porque os esqueletos me perseguían. Quedaron alí arrabuñando na porta coas súas longas falanxes. Mentras conteille á bibliotecaria o que estaba a pasar.
Ela puxo cara de espanto e díxome:
-Rápido, queda pouco tempo, a lúa vai poñerse e tes que conseguir que os esqueletos volvan ao libro, para iso utiliza este espello, reflexa a luz da lúa e diríxea contra os esqueletos!

Os esqueletos seguían na porta e?estaban a rompela!
Quedábame pouco tempo! De súpeto tiven unha idea: poderiamos escapar polo conduto de ventilación.
Así que as dúas rapidamente dirixímonos ao conduto de ventilación, intentamos abrir a tapa pero non o conseguiamos.

-Bang!
Os esqueletos xa romperan a porta e nós aínda estabamos intentando entrar. Por fin conseguíramos quitar a tapa.
-Imos! ?dixen eu e seguimos arrastrándonos.

Os esqueletos ían detrás nosa. Cando chegamos fóra os esqueletos acorralábannos e un deles tiroume o espello.

-Non! ? berrei.

Entón a bibliotecaria colleu unha pedra e lanzoulla a un esqueleto. Grazas a isto conseguín recuperar o espello.

- Non queda moito tempo! ? berrei.
Entón conseguín o espello e os iluminei. De repente fundíronse. Collín o libro e metín as súas cinzas dentro, dinllo á bibliotecaria e esta gardouno onde ninguén puidera collelo.

Sabela Novoa Gómez 5º B CEP Ventín
Comentarios (0) - Categoría: Magosto - Samaín - Publicado o 30-01-2013 16:59
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
Creative Commons License
Esta obra está baixo unha licenza Recoñecemento-Non comercial 2.5 España de Creative Commons.

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0