EDLG do CEIP RECIMIL



QUEN SOMOS?
endlrecimil
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

A CASA ENCANTADA
Unha noite escura de outubro no Milladoiro, cerca da parada ?A MAGDALENA? había unha casa baleira chea de teas de araña que parecía unha casa encantada.
Un señor que pasaba por alí timbrou na porta. A porta abriuse lentamente e cando se abriu de todo o señor desapareceu entre a escuridade da casa.
Despois oiuse unha risa dentro da casa. ¿De quen sería esa risa? ¿Quen atraparía pola espalda ao señor?
En realidade esa casa era a casa dos monstros. Estes querían estar cos humanos e, por fin, conseguírono. Había un montón de monstros, Frankinsteins, momias, vampiros, morcegos, bruxas, esqueletos, pantasmas, cabazas, arañas? Todos os monstros o pasaban moi ben.
Ademais, os monstros eran bos e parecían moi agradables. Estabase moi ben alí, ata o señor o pasaba xenial? pero, de repente, alguén abriu a porta, era un vello inimigo do vampiro. O vampiro deuse conta de que era o seu inimigo, o vello espírito, e entón fixeron unha pelexa. O que perdera deixaría de molestar ao outro e o que gañara molestaría ao outro cando quixera, e os dous aceptaron.
De momento ía perdendo o vampiro pero os amigos decidiron axudarlle e ao final gañou. Despois o espirito dixo:
-Vale, está ben, vou deixar de molestarte e ti podes molestarme cando queiras.
-Pero, que dis? Eu non te vou molestar nunca.
-De verdade? Moitas grazas.
E ao final o espírito e o vampiro deixáronse en paz e todo volveu ser coma antes e cada semana o vampiro e o espírito visitábanse por turnos.

2ºA de E.P. do CEP Ventín

Comentarios (0) - Categoría: Magosto - Samaín - Publicado o 30-01-2013 16:44
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
Creative Commons License
Esta obra está baixo unha licenza Recoñecemento-Non comercial 2.5 España de Creative Commons.

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0