EDLG do CEIP RECIMIL



QUEN SOMOS?
endlrecimil
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

OS MORTOS NON DESCANSAN
Había unha vila no norte de Lugo, onde as mulleres tiñan medo de ir ao cemiterio a visitar os seres queridos. Dicían que escoitaban ruídos durante todo o día preto das tumbas. Algunhas veciñas dicían que eran os espíritos dos mortos e llo foron dicir ao alcalde.
O alcalde díxolles que iso era unha parvada, que os mortos non fan ruído nin se moven.
Ao día seguinte todos foron ao cemiterio, e o alcalde descubriu que o ruído era dos gatos de Manola que sempre collían a comida e ían comela ao cemiterio. Todos botaron a rir.

Raquel 5º B
Comentarios (0) - Categoría: II Concurso de contos de medo. Curso 2009/10 - Publicado o 04-12-2009 10:26
# Ligazón permanente a este artigo
A NENA VAMPIRESA
Había unha vez unha nena que se chamaba Patricia. Un día foi a unha cova cos seus amigos. Sara e Diego dicían que había osos, Alexandra dicía que había morcegos e Yaiza dicía que había vampiros. Outro día foi Patricia á cova e notou que algo lle picara no pescozo. Cando chegou á casa tiña tres manchas e gañas de durmir. Outro día tiña que ira á clase e foi, pero se quedou durmida no teito coas pernas para enriba e as mans para baixo. A directora chamou a nai.
Un día estaba comendo e saíronlle dous cairos xigantes. Despois foi con Yaiza a dar un paseo e contoulle o que lle pasaba. Yaiza díxolle que era unha vampiresa e que tiña que matar ao rei para deixar de selo. Patricia foi á casa do rei , colleu un coitelo e cravoullo no corazón e morreu. Ao día seguinte Patricia xa non era ningunha vampiresa.

Sandra Vilela Picos 5º B


Comentarios (1) - Categoría: II Concurso de contos de medo. Curso 2009/10 - Publicado o 04-12-2009 10:18
# Ligazón permanente a este artigo
O VAMPIRO
Había unha vez un neno chamado Xoan que tiña sete anos e vivía cos seus avós porque os seus pais traballaban todos os días. A Xoan gustábanlle moito os vampiros, sempre ía ao cine a ver películas de vampiros cos seus avós. Un día soñou que un vampiro mataba aos seus avós. O vampiro veulle e Xoan meteuse na habitación e cerrou a porta. Xoan choraba moito, pero de súpeto sonou a alarma do reloxo. Todo era un soño. Dende entón Xoan ten medo aos vampiros.

Junyú Zhou 5º B

Comentarios (0) - Categoría: II Concurso de contos de medo. Curso 2009/10 - Publicado o 04-12-2009 10:10
# Ligazón permanente a este artigo
A ACAMPADA
Había unha vez unha nenas que eran moi amigas, que se chamaban Patricia e Carolina. Un día foron de acampada co colexio. Pola noite, cando estaban durmidas, escoitaron un gran berro. As dúas, asustadas, saíron da tenda.. Era Paula!!! Unha das súas amigas e estaba totalmente descuartizada.
As dúas entraron na tenda asustadas. Ao cabo duns minutos viron pasar a sombra dun home cun coitelo na man; aos poucos segundos o home marchou, esperaron uns minutos a ver se volvía, pero non. Entón as dúas decidiron durmir. Despois dunhas horas Patricia espertou, cando abriu os ollos viu que Carolina non estaba na tenda. Saíu da tenda para ver se estaba fora, e nada.
Mirou para abaixo e encontrou un brazo cheo de sangue. Patricia entrou na tenda alporizada e viu outra vez a sombra de aquel home, e esta vez dirixíndose ata a tenda de Patricia. Patricia intentou escapar pero o home colleuna, ela berrando dixo que a soltara.
De repente empezaron a saír polos lados todos os seus amigos en perfecto estado, e todos partíndose de risa.
Era todo unha broma ou non saben que estamos no Samaín.

Antela 6º A
Comentarios (1) - Categoría: II Concurso de contos de medo. Curso 2009/10 - Publicado o 04-12-2009 10:10
# Ligazón permanente a este artigo
FELICIDADE, UN SENTIMENTO QUE NON VOLVERÁS TER...
Un día un neno chamado Cristian buscaba a palabra “felicidade” no diccionario para un traballo de lingua galega. De pronto oíu un pequeno ruído, pero como parou non lle deu importancia, e o ignorou. Encontrou a palabra e volveu a oílo, pero esta vez o oíu máis claro e próximo e xamais houbera imaxinado que existira.
Notou como unha man pousada no seu ombreiro, pero ao mirar non viu nada, pero ao mirar ao espello quedou petrificado de medo mentres tiraba o lapis. Estaba vendo a unha nena de pelo loiro, cun camisón e as meixelas sonrosadas. E de pronto falou e dixo: “felicidade, sentimento que ti non volverás a ter”. Cristian abriu os ollos máis que nunca. A nena agarrouno da chaqueta , abriu a fiestra e sacouno voando, mentres que o neno, do susto, só puido dar un berro fortísimo que se escoitou por toda a casa..
Os seus pais subiron correndo e rebuscaron por toda a habitación, pero o seu fillo non estaba. Tan só puideron encontrar unha frase pintada con sangue, que dicía: “Tan só cando esteades mortos vos poderedes reunir con el”.. Cando os seus pais leron isto, o único que facían era chorar.

Candela 6º A
Comentarios (0) - Categoría: II Concurso de contos de medo. Curso 2009/10 - Publicado o 04-12-2009 10:08
# Ligazón permanente a este artigo
A MANSIÓN DO BOSQUE
Hai unha mansión abandonada no medio do bosque, que se di que dentro vive a pantasma Roller, segundo a lenda, ladrón moi famoso en anos anteriores. A casa era moi vella, así que mentres Roller estaba dentro roubando, (aínda vivo), as escaleiras caéronlle encima, e aí acabou a vida de Roller.
Os nenos de hoxe en día intentan non camiñar cerca da mansión cando comeza a escurecer porque a pantasma Roller sae ao bosque en busca de espíritos dos que alimentarse.
Era o día no que o turismo chegaba á cidade, chegaba xente de todas partes: Alemaña, Italia, Francia, pero sobre todo xente inglesa.
Ä noite seguinte, eu miraba as estrelas pola ventá, había festa, celebrando o día do turismo. Vin a unha rapaza moi guapa, que se adentraba no bosque cara a mansión escura; eu me vestín a toda velocidade e baixei abaixo e adentreime no bosque berrando: “¡Coidado! ¡Quédate aí! ¡Non te movas!”, pero non funcionou, bosque por todas partes, pero só encontrei unhas pisadas de bota do número 38.
Ata fun á mansión do bosque, rodeina, e ata entrei, e vin unha moza camiñando lentamente polo corredor, e lle dixen:
- Para, non avances máis!
- Eh, Tronki! Déchesme un susto de morte!
- Síntoo, pero temos que saír de aquí, e rápido !
- Por que?
- Porque aquí vive a pantasma Roller!
- Vale, saiamos de aquí!
Os dous fomos correndo cara a porta, e cando íamos chegar ¡PAM!, pechouse a porta. Os dous tivemos que quedarnos dentro da mansión en plena noite. Así que decidimos ir ata os dormitorios. Descansamos un pouco, e despois fun buscar á moza, que aínda non sei o seu nome.
- Veña, hai que encontrar a forma de saír de aquí. Por certo, como te chamas?
- Xulia, e ti?
- Iván.
- Vale, Iván imos baixar e intentar abrir a porta.
Os dous dimos a volta e vimos como alguén transparente baixaba as escaleiras. Era a pantasma Roller! Observámola con moita atención ata que chegou á porta, abriuna e adentrouse no bosque. Cando estaba suficientemente lonxe, baixamos correndo as escaleiras e saímos da mansión, atravesamos o bosque, chegamos á festa e díxenlle:
- Adeus.

Antón López 6º A

Comentarios (0) - Categoría: II Concurso de contos de medo. Curso 2009/10 - Publicado o 04-12-2009 10:06
# Ligazón permanente a este artigo
A MALDICIÓN DO SAMAÍN

Érase unha vez un neno que non lle gustaban os adornos do Samaín nin o Samaín. Entón escondeu os adornos no seu cuarto. Cando o neno se foi, dunha cabaza saíu unha bruxa. A bruxa parecía enfadada e foi ao piso de abaixo. De repente a bruxa colleu ao neno e foise. Foi á cima da montaña máis alta, a Pena Trevinca. Alí estaba o demo e as bruxas todas ao seu arredor. O neno estaba asustado, cada vez máis. Estaban preparando unha perfecta cea. A chamaban “ a comida especial”. O neno non volveu á súa casa nunca, pero o demo si. O demo se leva un familiar cada semana, e non volven vivos.

Elena Ramil Mejuto 4º A
Comentarios (0) - Categoría: II Concurso de contos de medo. Curso 2009/10 - Publicado o 04-12-2009 10:04
# Ligazón permanente a este artigo
O REI DO CASTELO
Había unha vez un rei que vivía nun castelo no alto dunha montaña. Tiña moi mal carácter e era malo e non lle gustaban os aldeáns. Na noite de Hallowen os nenos dábanlle sustos disfrazados de monstros e enfurecíanse moito, gritáballes e ameazábaos para que marcharan. Adornou o castelo con cabazas e os nenos marcharon e o deixaron. Pero co paso do tempo acostumáronse e volveron. O rei colleu un coitelo e cortoulles as cabezas. Pero cada noite de Hallowen os espíritos dos nenos volven para asustar ao rei e encerralo na torre.

Natalia Cornide 4º A
Comentarios (2) - Categoría: II Concurso de contos de medo. Curso 2009/10 - Publicado o 19-11-2009 10:05
# Ligazón permanente a este artigo
A NOITE NO CEMITERIO
Había unha vez un neno que entrou no cemiterio, era de noite. Pasaba polo cemiterio porque a súa nai morrera. Pero un día non foi normal, de repente... saíron todos os mortos e enterráronlle coa súa nai. O neno intentou saír pero os mortos collérono e matárono a sachados e lle queimaron os ollos ata que morreu.


Bea 4º A
Comentarios (2) - Categoría: II Concurso de contos de medo. Curso 2009/10 - Publicado o 19-11-2009 10:04
# Ligazón permanente a este artigo
A ORIXE DAS CABAZAS DO SAMAÍN
Érase unha vez un enxeñeiro de barcos. Envexoso dos deseños dos seus amigos decidiu vingarse. E, a que non sabedes o que fixo? Pois...un barco feito de cabazas! Bautizouno “O Titanicolitecabaza”. O barco zarpou cara as praias celtas de Lugo, e aos dous días xa divisaba un porto celta.
-Señor, atácanos un barco feito de cabazas. Non podemos facer nada!- dixo un almirante lucense.
Ao final o barco chocou contra as murallas celtas e a poboación quedou chea de cabazas pintadas monstruosamente. De repente un neno dixo:
-¿Por que non cambiamos as caveiras por cabazas?
-¡O neno ten razón! Xa estou farto do medo que dan as caveiras!- dixo o rei – ¡Así que decido que cambiemos as caveiras por cabazas!


Julio 4º A
Comentarios (5) - Categoría: II Concurso de contos de medo. Curso 2009/10 - Publicado o 19-11-2009 10:04
# Ligazón permanente a este artigo
1 [2] [3] [4]
© by Abertal
Creative Commons License
Esta obra está baixo unha licenza Recoñecemento-Non comercial 2.5 España de Creative Commons.