EDLG do CEIP RECIMIL



QUEN SOMOS?
endlrecimil
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

PARAUGAS POLA PAZ. DÍA DA PAZ 2012


Comentarios (0) - Categoría: Celebración do Día da Paz - Publicado o 11-06-2012 16:43
# Ligazón permanente a este artigo
PARAUGAS POLA PAZ
Este ano propoñemos no colexio unha actividade moi creativa: "Paraugas pola paz".

É un proxecto artístico mundial que implica a pintura e decoración de parugas nos que se representan os valores persoais de paz mundial.

A idea é do artista norteamericano Matt Lamb e xa foi levada a cabo en moitos países: Arxentina, Australia, Austria, Bélxica, Brasil, Republica Checa, Filipinas, Francia, Alemaña, Grecia, Irlanda, Italia, Israel/Palestina, Xapón, Lituania, Luxemburgo, Panama, Polonia, Slovenia, Rusia, Singapur, España, Reino Unido, EEUU, Thailandia e Vietnam.

Anímate e pinta o teu paraugas pola paz!
Comentarios (0) - Categoría: Celebración do Día da Paz - Publicado o 12-01-2012 17:28
# Ligazón permanente a este artigo
Canción para o Día da Paz.



"Tell me why"
Una canción subtitulada en galego para conmemorar o Día da Paz.
Comentarios (0) - Categoría: Celebración do Día da Paz - Publicado o 12-01-2012 16:43
# Ligazón permanente a este artigo
EXPOSICIÓN "FRASES POLA PAZ"




ESTA É A EXPOSICICIÓN DE "FRASES POLA PAZ" ORGANIZADA POLO EDLG DO CENTRO. ESTADES TODOS E TODAS INVITADOS A VISITALA. AGARDÁMOSVOS!

Comentarios (0) - Categoría: Celebración do Día da Paz - Publicado o 28-01-2011 22:41
# Ligazón permanente a este artigo
Mural sobre Gandhi
Comentarios (3) - Categoría: Celebración do Día da Paz - Publicado o 06-03-2010 00:34
# Ligazón permanente a este artigo
AQUÍ ESTÁ O OBELISCO DAS PALABRAS POLA PAZ





UN OBELISCO ÉRGUESE PARA CONMEMORAR UN EVENTO ESPECIAL E DE GRAN TRANSCENDENCIA, E NON CABE DÚBIDA QUE O MÁIS IMPORTANTE NO MUNDO PARA CELEBRAR E CONMEMORAR É A PAZ.
E POR ISO QUE TODOS OS NENOS E NENAS DO COLEXIO QUIXEMOS COLABORAR NA CONSTRUCCIÓN DESTE OBELISCO APORTANDO O NOSO LADRILLO DE PAZ, AS NOSAS PALABRAS DE PAZ.



ESTE É O NOSO OBELISCO, ALTO, ALTO, COMO OS NOSOS DESEXOS DE PAZ.


Na fotoblogoteca podes ver máis fotos da celebración do Día da Paz.
Comentarios (1) - Categoría: Celebración do Día da Paz - Publicado o 02-02-2010 21:57
# Ligazón permanente a este artigo
PALABRAS POLA PAZ
AMOR,AMIZADE, AGARIMO, ALEGRÍA, ALOUMIÑO, ACOUGO, AFECTO, AFABILIDADE, APOIO,
AXUDA, APEGO, APERTA, APRECIO, ALTRUÍSMO,BENESTAR
BONDADE,BENIGNIDADE, CARIÑO, CARICIA, COMPAÑEIRISMO,COMPROMISO, COMPAIXÓN, CALMA,
CONCORDIA, CONFIANZA, CARIDADE, CAMARADERÍA,
CONSIDERACIÓN, CORDIALIDADE, COLABORACIÓN
COOPERACIÓN, DOZURA, DEFENSA, DIGNIDADE, ESTIMA
FELICIDADE, FRATERNIDADE, FIDELIDADE,HARMONÍA,
HUMANIDADE, IGUALDADE, IMPLICACIÓN, LEDICIA
LEALDADE, PAZ, PROSPERIDADE, QUIETUDE, QUERENCIA
RESPECTO, RESPALDO, SERENIDADE, SENSIBILIDADE,
SINCERIDADE, SORRISO, SOSEGO, SOLIDARIEDADE,
SIMPATÍA, TRANQUILIDADE, TENRURA, TOLERANCIA,
UNIÓN, VONTADE, XENEROSIDADE.


ESTAS PALABRAS FORMARÁN PARTE DO NOSO OBELISCO DAS PALABRAS POLA PAZ.

SEGURAMENTE QUEDARÁN MOITAS OUTRAS, POR ISO SE QUERES APORTAR MÁIS, MÁNDANOS O TEU COMENTARIO.
Comentarios (5) - Categoría: Celebración do Día da Paz - Publicado o 30-12-2009 18:00
# Ligazón permanente a este artigo
O OBELISCO DAS PALABRAS POLA PAZ

Como sabedes, o día 30 de Xaneiro celébrase o Día da Paz. Este ano queremos conmemoralo construíndo un gran obelisco de palabras pola Paz.

Os ladrillos deste obelisco van ser de material de refugallo: cartóns de leite ou zume forrados con papel de agasallo.

Xa vedes, algo moi fácil de obter nestas datas de Nadal. Por iso vos pedimos que á volta das vacacións traiades varios cartóns (previamente lavados) forrados con eses papeis onde viñeron envoltos os vosos agasallos


¡Colaborade todos e todas nesta homenaxe pola Paz!




Comentarios (0) - Categoría: Celebración do Día da Paz - Publicado o 25-12-2009 22:54
# Ligazón permanente a este artigo
Sabías que Gandhi..

O 30 de xaneiro de 1948, Gandhi dirixíase a rezar cando un fanático, Hathuram Godse, lle dispara tres tiros.
O sorriso de Gandhi transfórmase nun xesto de dor e antes de morrer bendice ao seu asasino.
Comentarios (2) - Categoría: Celebración do Día da Paz - Publicado o 04-01-2009 17:47
# Ligazón permanente a este artigo
Sabías que Gandhi..

En numerosas ocasións Gandhi usou o xaxún como forma de protesta.
Estando na cárcere de Yervada iniciou un “xaxún ata a morte” en contra do tratamento político que se lle daba aos intocables. Conseguiu que estes non volvesen ser discriminados en cuestión electorais.
Comentarios (3) - Categoría: Celebración do Día da Paz - Publicado o 04-01-2009 17:45
# Ligazón permanente a este artigo
1 [2] [3]
© by Abertal
Creative Commons License
Esta obra está baixo unha licenza Recoñecemento-Non comercial 2.5 España de Creative Commons.