EDLG do CEIP RECIMIL



QUEN SOMOS?
endlrecimil
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

MAGOSTO 2013: BONECAS FEITAS CON CAROZOS DE MILLO
QUE FELIZ ME SINTO!
AQUÍ ESTÁ DONA BICOS!
ENVIÁNDONOS CARIÑO
DE TODO CORAZÓN.

ESTE BONECO TAN LINDO FOI ELABORADO POLOS NENOS E NENAS DE 3 ANOS. MOITOS BICOS PARA ELES!
Comentarios (0) - Categoría: Magosto - Samaín - Publicado o 14-11-2013 11:22
# Ligazón permanente a este artigo
MAGOSTO 2013: BONECAS CON CAROZOS DE MILLO.
OS NENOS E NENAS DE SEGUNDO RECREARON EN CAROZOS DE MILLO A DONA DESCULPAS.

DEBES FIXARTE BEN NELA, POIS É UNHA PALABRA QUE HAS DE USAR PARA PEDIR PERDÓN CANDO A ALGUÉN FAS SENTIR MAL.
Comentarios (0) - Categoría: Magosto - Samaín - Publicado o 14-11-2013 11:18
# Ligazón permanente a este artigo
MAGOSTO 2013: BONECAS CON CAROZOS DE MILLO
É DE BOA EDUCACIÓN
DESEXAR BOA DIXESTIÓN
ESTA FRASE APRENDERÁS
E ASÍ MOI BEN QUEDARÁS:

QUE APROVEITE!


ESTE BONECO CON CAROZOS DE MILLO FOI ELABORADO POLOS ALUMNOS DE 5º. SEGURO QUE ESTE COCIÑEIRO FAI UNHAS COMIDIÑAS QUE NOS HAN APROVEITAR MOI BEN !!!
Comentarios (0) - Categoría: Magosto - Samaín - Publicado o 14-11-2013 11:13
# Ligazón permanente a este artigo
MAGOSTO 2013: BONECAS CON CAROZOS DE MILLO
APERTAS, APERTAS, APERTAS,
EU QUERO RECIBIR E ENVIAR.
APERTAS PARA MAMÁ
APERTAS PARA PAPÁ
APERTAS PARA UN AMIGO
APARTAS PARA TODOS OS DEMAIS.


FORON OS NENOS E NENAS DE 3 ANOS OS QUE FIXERON ESTE BONECO DE DONA APERTAS. QUE BONITIÑO QUEDOU!
Comentarios (1) - Categoría: Magosto - Samaín - Publicado o 14-11-2013 11:09
# Ligazón permanente a este artigo
MAGOSTO 2013: BONECAS CON CAROZOS DE MILLO
CANDO CHEGUES A UN SITIO,
DEBES SAUDAR.
SE É POLA MAÑÁ
BOS DÍAS DIRÁS.

E XA VEDES QUE BEN LLES QUEDOU AOS NENAS E NENAS DE 4 ANOS ESTA RECREACIÓN DE DONA BOS DÍAS CON MAZORCAS DE MILLO.
Comentarios (0) - Categoría: Magosto - Samaín - Publicado o 14-11-2013 11:03
# Ligazón permanente a este artigo
MAGOSTO 2013: BONECAS CON CAROZOS DE MILLO


CANDO NECESITES PEDIR ALGO, ESTA FÓRMULA DEBES USAR.


FORON OS NENOS DE SEGUNDO QUEN DERON VIDA A ESTE BONECO DE CAROZAS DE MILLO QUE SE CHAMA DON POR FAVOR.
Comentarios (0) - Categoría: Magosto - Samaín - Publicado o 12-11-2013 19:27
# Ligazón permanente a este artigo
MAGOSTO 2013: BONECAS CON CAROZOS

AÍ TEDES A DON PERDÓN, UN PRECIOSO BONECO ELABORADO POLOS NENOS E NENAS DE 5 ANOS.
Comentarios (0) - Categoría: Magosto - Samaín - Publicado o 12-11-2013 19:22
# Ligazón permanente a este artigo
OS TRES AMIGOS E A MANSIÓN ENCANTADA
OS TRES AMIGOS E A MANSIÓN ENCANTADA

Esta é a historia de tres amigos que se chamaban Juan, Iván e Antón. Todos os días reuníanse no parque para xogar todos xuntos. O parque estaba cerca dun cemiterio e o cemiterio estaba cerca dunha mansión abandonada.
Cando entraron pola porta, uns morcegos avalanzáronse sobre eles, pero tiráronse contra o chan. Viron unha luz nun cuarto e subiron unhas escaleiras que cruxían cando as pisaban. Entraron na habitación e viron pola ventá como se acercaban os esqueletos hacia a mansión. Os tres amigos sairon correndo porque estaban moi asustados. Baixaron pola escaleiras e non abriron a porta porque os esqueletos intentaban entrar polas ventás e a porta. Entón baixaron ao soto e buscaron un escondite. Viron como os esqueletos baixaban polas escaleiras. Un dos nenos veu unha xanela pequena e intentaron escapar por ela. Iván e Juan conseguiron escapar pero Antón quedouse atrapado. Entón os esqueletos chegaron e tiraron polos pés de Antón mentres que Juan e Iván tiraban polas mans para sacalo. Enton Antón espertou e resulta que era a súa nai que o estaba espertando para ir ao colexio.

Juan Calvo Iglesias
Iván Iglesias Fraga
3ºA do CEP de Ventín
Comentarios (0) - Categoría: Magosto - Samaín - Publicado o 27-02-2013 14:05
# Ligazón permanente a este artigo
O LIBRO MALDITO
O LIBRO MALDITO

Chámome Sara, teño nove anos e vou contarvos algo que ocorreu de verdade, un 31 de Outubro.
Ese día estaba chovendo, polas nubes parecía que estaba o día coma se fose de noite. Tamén tronaba. Miña nai e máis eu íamos camiñando á biblioteca, que tiña máis de douscentos anos.
Cando chegamos, fun mirar nos andeis os libros que había.

-¡Plaf!
De repente caeu un libro, recollino, parecía que tiña un aire misterioso e a bibliotecaria miroume con cara de preocupación.

O libro era marrón e as súas follas dunha cor amarelada, mirei detrás dos andeis, pero? non había ninguén:
-Que estraño! ? pensei e leveime o libro tan enigmático.
Cando cheguei á casa ceei e fun ao meu cuarto a ler o libro pero? levei un disgusto, non se entendía a linguaxe do libro. Parecía moi antigo. Vin que tiña uns debuxos moi raros nos que aparecían esqueletos.
De repente caeu enfrente da nosa casa un raio e o ceo escureceuse aínda máis.
Entón saiu un torbellino e as imaxes do libro fixéronse reais.

-Ahhh !!! ? berrei a pleno pulmón.
Os esqueletos perseguíanme e fuxín berrando polas escaleiras abaixo.

Tiven unha idea, iría á biblioteca, pois alí fora onde collera o libro. Conseguira cegar á biblioteca, cerrei a porta rapidamente porque os esqueletos me perseguían. Quedaron alí arrabuñando na porta coas súas longas falanxes. Mentras conteille á bibliotecaria o que estaba a pasar.
Ela puxo cara de espanto e díxome:
-Rápido, queda pouco tempo, a lúa vai poñerse e tes que conseguir que os esqueletos volvan ao libro, para iso utiliza este espello, reflexa a luz da lúa e diríxea contra os esqueletos!

Os esqueletos seguían na porta e?estaban a rompela!
Quedábame pouco tempo! De súpeto tiven unha idea: poderiamos escapar polo conduto de ventilación.
Así que as dúas rapidamente dirixímonos ao conduto de ventilación, intentamos abrir a tapa pero non o conseguiamos.

-Bang!
Os esqueletos xa romperan a porta e nós aínda estabamos intentando entrar. Por fin conseguíramos quitar a tapa.
-Imos! ?dixen eu e seguimos arrastrándonos.

Os esqueletos ían detrás nosa. Cando chegamos fóra os esqueletos acorralábannos e un deles tiroume o espello.

-Non! ? berrei.

Entón a bibliotecaria colleu unha pedra e lanzoulla a un esqueleto. Grazas a isto conseguín recuperar o espello.

- Non queda moito tempo! ? berrei.
Entón conseguín o espello e os iluminei. De repente fundíronse. Collín o libro e metín as súas cinzas dentro, dinllo á bibliotecaria e esta gardouno onde ninguén puidera collelo.

Sabela Novoa Gómez 5º B CEP Ventín
Comentarios (0) - Categoría: Magosto - Samaín - Publicado o 30-01-2013 16:59
# Ligazón permanente a este artigo
O COLEXIO ENCANTADO
O COLEXIO ENCANTADO

Vouvos contar unha historia que sucedeu aquí, neste colexio:

Dúas amigas estaban xogando no recreo. Cando sonou o timbre as dúas nenas entretivéronse e, de repente, apareceu unha néboa moi espesa, cando a néboa foi desaparecendo levou aos nenos con ela.

Ao día seguinte a nena maior apareceu no colexio e contou esta historia:

Dise que o espírito da nena máis pequena continúa rondando polo RECIMIL, ata que a néboa leve a outro neno ou nena para que ela quede libre.

Así que:

Non cheguedes tarde á clase despois do recreo!

FIN


Duna Bermúdez Blas
4º A
CEIP RECIMIL
Comentarios (0) - Categoría: Magosto - Samaín - Publicado o 30-01-2013 16:53
# Ligazón permanente a este artigo
[1] 2 [3]
© by Abertal
Creative Commons License
Esta obra está baixo unha licenza Recoñecemento-Non comercial 2.5 España de Creative Commons.

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0