EDLG do CEIP RECIMIL



QUEN SOMOS?
endlrecimil
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

A BRUXA
Había unha vez unha bruxa que era malvada e colleu nenos e nenas.

Nadia López Soñora
2º B
Comentarios (2) - Categoría: III Concurso de contos de medo. Curso 2010 - 2011 - Publicado o 30-11-2010 18:47
# Ligazón permanente a este artigo
O HOME DO SACO
O Home do saco é un home que viste mal e colle aos nenos que se portan mal. Un día o Home do saco viu que un se portara mal. E entón, cando era de noite, saíu e colleu ao neno. Levouno con el, matouno e fixo sopa co neno. Dicía:
- Que rica!
Cando os pais espertaron, dixeron:
-E a nosa filla?
Chamaron a un detective. O detective veu e dixo:
-Encontra ao noso fillo.
E ao día seguinte o Home do saco estaba na casa pero o neno non estaba cos seus pais.

Iago Rodríguez
2º C
Comentarios (1) - Categoría: III Concurso de contos de medo. Curso 2010 - 2011 - Publicado o 30-11-2010 18:46
# Ligazón permanente a este artigo
O CASTELO ENCANTADO
Había unha vez un castelo encantado no que vivía unha raíña, un rei e a súa filla. Un día mirou nun armario, abriu e lle saltou unha pantasma. A Pantasma foi polos corredores e asustou á raíña e ao rei. Correron e sairon do castelo. A filla foi polos corredores e non apareceron. A filla foi polos xardíns e encontrou aos seus pais e todos foron felices.

Beatriz Casal Prego
2º A
Comentarios (2) - Categoría: III Concurso de contos de medo. Curso 2010 - 2011 - Publicado o 30-11-2010 18:45
# Ligazón permanente a este artigo
A BRUXA MALDITA
Érase unha vez unha nena que vivía nun bosque. Unha noite de Samaín atopou un corvo. Seguiuno ata un castelo encantado. Apareceu unha bruxa cos ollos vermellos e grandes que a quería comer. E entón a nena correu pero a bruxa maldita atrapouna e levouna.
Pero a nena fíxolle cóxegas e saiu correndo ao bosque e encontrou unhas fadas que a protexeron da bruxa.

Yanira Aneiros Romero
2º A
Comentarios (4) - Categoría: III Concurso de contos de medo. Curso 2010 - 2011 - Publicado o 20-11-2010 19:59
# Ligazón permanente a este artigo
A MEIGA DOS DENTES VERDES
A meiga dos dentes verdes vivía nun castro e tiña os dentes verdes. Un día paseando polo bosque vin a meiga dos dentes verdes cun neno quitándolle o cerebro e as tripas. Cando o cociñou na pota aproveitouse do seu corpo.
Despois de comelo volveu ao castro.

Pablo Sánchez Fernández
2º C
Comentarios (5) - Categoría: III Concurso de contos de medo. Curso 2010 - 2011 - Publicado o 20-11-2010 19:48
# Ligazón permanente a este artigo
MARIAMANTA NA CASA
Mariamanta é unha muller que sempre ten unha manta.
Unha vez Mariamanta entrou nunha casa e levou unha nena. Ademais levou aos pais e ás nais dos nenos.
Os nenos quedaron asustados. Nunca máis volveron durmir.

Claudia Ramos Rioboo
2ºC
Comentarios (3) - Categoría: III Concurso de contos de medo. Curso 2010 - 2011 - Publicado o 20-11-2010 19:45
# Ligazón permanente a este artigo
NOITE DO MARTES E 13
Primeiro día de clase. Estaba moi asustada, lóxico o instituto era un antigo castelo gótico do século XIX, con górgolas e o que eran antigamente mazmorras (pero transformaranse en aulas de castigo).
Eu nunca me fixara en ningúen, pero estaba ese rapaz... Cabelo negro, ollos escuros como a media noite, que levaba a versión negra do uniforme.
Nas clases sempre se sentaba detrás de min e sentía os seus ollos mirándome coma un depredador...
A noite do martes e trece había lúa chea e saín para observala. Oín unhas pisadas detrás de min; xireime, pero alí non había ninguén. Volvín retomar o meu camiño cando me tropecei con ese rapaz... El non pareceu inmutarse polo golpe, pero eu caín de costas. Estábame empezando a sentar cando el se abalanzou sobre min e inmobilizoume no chan. Os seus ollos brillaban como se tiveran vida propia. Mordeume no pescozo.

Novas do xornal: Unha rapaza de 17 anos atopouse morta nn bosque preto da cidade, o corpo estaba desangrado.

Nerea Bernal Fernández.
2ºA IES Ferrolterra
Comentarios (1) - Categoría: III Concurso de contos de medo. Curso 2010 - 2011 - Publicado o 20-11-2010 16:53
# Ligazón permanente a este artigo
III Concurso de contos de medo


Comentarios (0) - Categoría: III Concurso de contos de medo. Curso 2010 - 2011 - Publicado o 20-11-2010 16:32
# Ligazón permanente a este artigo
III CONCURSO DOS CONTOS DE MEDO
O EDLG do CEIP Recimil convoca o III concurso de contos de medo para o alumnado de 2º a 6º de primaria do centro e, como novidade este curso, para o 1º ciclo de educación secundaria do IES Ferrolterra.

Anímate e prepara o teu conto!.



Os mellores contos de medo serán publicados neste blog e tamén teremos arrepiantes premios.

Comentarios (0) - Categoría: III Concurso de contos de medo. Curso 2010 - 2011 - Publicado o 22-10-2010 22:46
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal
Creative Commons License
Esta obra está baixo unha licenza Recoñecemento-Non comercial 2.5 España de Creative Commons.