A miña irmá Adriana e eu, que son Laura, celebramos a nosa festa de cumpreanos o mesmo día: o 25 de xullo. Adriana levou o dobre de invitados que eu, pero é que a terceira parte dos seus invitados eran os nosos 6 curmáns.
¿A cantas persoas invitamos á nosa festa de cumpreanos?
O meu compañeiro Paco tivo 13 acertos na quiniela esta fin de semana. Antes de saber canto diñeiro lle tocaba, decidiu repartir os cartos cos seus 5 fillos da seguinte maneira:
Se lle tocan máis de trescentos euros, repartirá a metade do que lle toque entre os seus cinco fillos.
Se lle tocan menos de trescentos euros, repartirá todo entre os seus fillos.
Cando cobrou o premio, deulles a cada fillo 80 euros. Cal fora o premio?
Este ano propoñemos no colexio unha actividade moi creativa: "Paraugas pola paz".
É un proxecto artístico mundial que implica a pintura e decoración de parugas nos que se representan os valores persoais de paz mundial.
A idea é do artista norteamericano Matt Lamb e xa foi levada a cabo en moitos países: Arxentina, Australia, Austria, Bélxica, Brasil, Republica Checa, Filipinas, Francia, Alemaña, Grecia, Irlanda, Italia, Israel/Palestina, Xapón, Lituania, Luxemburgo, Panama, Polonia, Slovenia, Rusia, Singapur, España, Reino Unido, EEUU, Thailandia e Vietnam.