ENDL do IES Canido (Ferrol)



O meu perfil
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA

 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

FELICES VACACIÓNS!!!
O Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística do IES Canido quere desexarvos a todos e a todas unhas felices vacacións. Gozade do verán e collede moitas forzas para seguir traballando pola lingua no vindeiro curso.

BO VERÁN E GRAZAS A TODOS E A TODAS POR COLABORAR CON NÓS!!!
ENDL
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 01-07-2009 07:06
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
A BANDA SEN FUTURO
O curso chegou ao seu fin, pero non queremos marchar sen recomendarvos unha lectura para este verán: A banda sen futuro, de Marilar Aleixandre.
Este libro foi de lectura obrigatoria para o alumnado de 2º ESO, e Manuel Cambeiro López realizou unha interesante recensión sobre el. Deixámosvos con ela:

A BANDA SEN FUTURO:

Neste libro reflíctese a vida dunha rapaza de dezaseis anos que ten unha enfermidade e ten que ter a cabeza pelada. Ela inténtase evadir de todo isto como pode e apóiase nun amigo chamado Poch, que é un póster dun cantante que ten colgado no seu cuarto.

CRÍTICA:

Este libro de Marilar Aleixandre está bastante ben organizado, fala seguido sobre todos os apartados da historia e produce ao lector un enganche dende o principio. Tamén hai que engadir que o principio, dende o punto de vista da protagonista, é bastante dramático.

MANUEL CAMBEIRO LÓPEZ (2º ESO B)
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 01-07-2009 07:02
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
RAP
Aquí tedes o rap gañador do concurso "Monólogos e raps" que convocamos este ano no instituto. Como lembraredes, o gañador foi Pablo Villar. Gozade coa letra:

Como fago para que se fixe en min
quen me dera ser mago para terte aquí,
e coa miña variña máxica sacarte de dentro de min
para non volver a sufrir e esquecerme de ti.

Eu dígoche que me esperes
para que marques o móbil
só para saber se me queres.

Quéreseme, si claro,
pero sei que nunca serei o teu amado,
síntome castigado, síntome encerrado,
con ese riso vólvesme tolo,
cando me tocas me descoloco,
bótote de menos,
vou chorando pouco a pouco,
non te logro sacar do coco.

Cando estou contigo non me falas,
as túas palabras crávanse en min como espadas,
son pallasadas, quérote dentro das miñas sabas
para sentir o teu calor máis.

Ti eras a miña princesa,
ti non cumpriches a túa promesa,
só me queres por conveniencia,
eu coa xente que pasa miña teño experiencia.

Eu xa non sei o que quero,
quero estar contigo, tocar o teu cabelo,
baixarche o mundo enteiro.

Se non escoito o teu corazón,
choro porque sei que me amas
e ninguén vai cambialo.

Hoxe pensando en ti desepéronme
porque ti non estás aquí
contando os teus días xunto a min.

Sei que non vas a deixarme
porque aínda que esteas lonxe
non deixas de amarme.

Ola preciosa, para demostrarche que te adoro
vou converter o meu corazón nunha rosa,
a miña alma recita as palabras que queres.

Non debía quererte pero quérote,
cando falas daquel home,
quero esquecerte en serio,
pero a miña cabeza non me deixa.

Os recordos non son bos
os meus polo menos.
Ti sempre o facías estando eu contigo
con outros tíos para deixarme metíasme en líos.

Se non querías podías dicilo,
estaba o meu corazón dependendo dun fío.
Xa non te quero máis, xa non te quero máis!


PABLO VILLAR FERNÁNDEZ
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 26-06-2009 11:41
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
NOVO NÚMERO DA REVISTA
Como cada curso, a revista "Navegantes" do IES Canido ofreceravos en breve un novo número cheo de interesantes artigos, noticias, fotografías...
Queda pouco prazo, pero aínda estades a tempo de facernos chegar as vosas colaboracións (iso si, que non sexan moi extensas e preferiblemente que estean en soporte informático).
Podedes participar con artigos de opinión, pasatempos, poemas, debuxos... o que queirades será ben recibido e teredes a oportunidade de que toda a comunidade educativa coñeza os vosos traballos.
Facédevos xornalistas por un día, seguro que merece a pena!!!
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 01-06-2009 12:21
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
REFLEXIÓNS...
O alumnado de 1º ESO elaborou unhas interesantes reflexións sobre a importancia do Día das Letras Galegas. Aquí vos amosamos algunhas delas:

"É importante porque é un día especial para os galegos, é o día da nosa lingua e, posto que só hai un día para celebralo, é moi bonito dedicarllelo aos escritores que loitaron para que esta lingua tan especial non desaparecese, aínda que hai moito non se permitía. Por iso é tan especial este día".
TAMARA VIDAL CARBALLEIRA(1º ESO A)

"Eu creo que é moi importante celebralo porque é como unha homenaxe aos que loitaron polo galego como Castelao, Ramón Piñeiro, etc. Aínda non hai moito que o galego non estaba permitido e paréceme que iso foi inxusto".
DANIEL RODRÍGUEZ ANTÓN (1º ESO A)

"As letras galegas celébranse para lembrar e dar a coñecer os escritores máis importantes de Galicia, para que todos e todas poidamos recordar moitos escritores antes descoñecidos. Para min este día é moi importante".
ENRIQUE TORRALBA GALDO (1º ESO A)

"Creo que é importante porque nos recorda que somos privilexiados por poder vivir nunha comunidade bilingüe e é importante recoñecer a uns magníficos escritores que se merecen todo o respecto e o recoñecemento do mundo".
MARÍA MARTÍN GRELA (1º ESO A)

"Pois é un día un tanto importante porque recorda a persoas e escritores que foron importantes en Galicia, que loitaron polo galego, como Castelao, Rosalía de Castro e Ramón Piñeiro".
LUCÍA BELLAS OTERO (1º ESO A)

"É importante porque homenaxea a escritores do noso país, galegos, e lémbrase deles, dos seus libros e máis. Tamén creo que defenderon o galego. Tamén é como "dedicado" a nós".
ANTÍA VEGA DOPICO (1º ESO A)
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 19-05-2009 12:46
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
Letras Galegas 2009
Durante a Semana das Letras Galegas realizamos diversas actividades no noso instituto. Colocouse unha exposición na Biblioteca con libros sobre o autor homenaxeado este ano, Ramón Piñeiro, e outras novidades editoriais en galego.
Ademais, o alumnado de 1º da ESO confeccionou uns murais que foron expostos no corredor da planta baixa do noso centro.
O venres, durante os recreos, proxectáronse en pantalla grande e na entrada do instituto as presentacións de Power Point sobre Ramón Piñeiro que se presentaron ao concurso.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 18-05-2009 10:56
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
GAÑADORES CONCURSO MARCAPÁXINAS
Xa temos gañadores/as do concurso de marcapáxinas!!!
Os/as afortunados/as son:

-Jose Naveiras Blanco (2º ESO A)
-Carmela Rego Pérez (2º ESO A)
-Laura Rey Freire (2º ESO A)
-Marta Rodríguez Fernández (2º ESO B)
-Inés Santos Iglesias (2º ESO B)

En breve todos e todas poderemos gozar das obras de arte gañadoras!!!

NORABOA!!!


Comentarios (2) - Categoría: Xeral - Publicado o 12-05-2009 12:59
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
COLABORADE CON NÓS!!!
Dende o Equipo de Normalización do centro queremos animarvos a que participedes no blog achegándonos os vosos artigos, comentarios, traballos...

As vosas colaboracións son moi importantes, pois este blog quere ser unha ferramenta de comunicación para toda a comunidade educativa.
Se vos animades a participar, podedes entregar os vosos traballos a calquera dos membros do ENDL e axiña o teredes publicado.

Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 05-05-2009 09:55
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
GAÑADOR DO CONCURSO DE MONÓLOGOS E RAPS
Xa temos gañador do concurso de monólogos e raps! A primeira categoría (a de monólogos) quedou deserta, e na segunda (a de raps)resultou vencedor o alumno de 2º ESO A Pablo Villar Fernández cun excelente traballo do que gozaremos en directo.
Noraboa e animádevos a seguir compoñendo!!!
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 05-05-2009 09:50
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
IX CERTAME DE POESÍA E IMAXE "EN GALEGO SEN FILTRO"
O luns 4 de maio tivo lugar a inauguración da exposición de traballos gañadores no concurso "En galego sen filtro", que cada ano organiza a Coordenadora de Equipas de Normalización Lingüística de Ferrol en colaboración co Concello de Ferrol.
Trátase dunha serie de cadros (ilustracións, colaxes, fotografías...) que teñen como inspiración distintas composicións poéticas escritas en varias linguas e traducidas ao galego.
A nosa compañeira Alejandra Rubiños Martínez, de 2º ESO A, foi unha das gañadoras, e recibiu un agasallo que se lle entregou nun acto posterior á inauguración da exposición.
Noraboa a Alejandra e a todos os gañadores e gañadoras dos outros centros!!!

Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 05-05-2009 09:44
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
1 [2]
© by Abertal