O Consello da Cultura Galega con motivo das Letras Galegas deste ano editou e colgou na rede unha edición facsimilar da Ruada das papas e do unto, de Roberto Vidal Bolaño, se queres acceder a ela só tes que che achegares a súa páxina.
Un dos campos que precisa maior atención á hora de normalizar a nosa lingua é precisamente o léxico e esta iniciativa da RAG e da Fundación Barrie veñen a colaborar firmente nesta tarefa na rede. Vén de anunciarse o nacemento da páxina: "o portal das palabras". Bótalle unha ollada.