A Exposición sobre os 15 anos do Equipo de Normalización (ENDL) que leva o título xenérico de "O CAMIÑO QUE NOS IDENTIFICA" está situada na entrda principla do centro coa idea de que o conxunto da Comunidade Escolar do San Narciso se faga eco desta celebración da que todos os seus membros forman parte efectiva. Son varios paneis que van facendo memoria curso a curso dos principais pasos dados e das máis chamativas accións do Equipo de Normalización tanto en Infantil e en Primaria, como na ESO e Bacharelato dende o ano da súa creación (1994) ata o día de hoxe (curso 2009/2010).
Podedes ver tamén o Chan do Monte dixital nº 0 que está colgado na web do Colexio onde aparecen todos os paneis da Exposición, ademais doutros suxestivos artigos.
Tal día como hoxe constituíase o Equipo de Normalización do noso centro e dende aquela como adoita dicirse xa choveu, que vén sendo un xeito de dicir que pasou moito tempo, pasaron moitas cousas, fixemos bastantes cousas, ao mellor non todo o que quixaramos, pero sempre hai que deixar algo de ilusión para o futuro. Escollemos para celebralo unha Exposición que se titula: O CAMIÑO QUE NOS IDENTIFICA: 15 anos do Equipo de Normalización. Que poderedes ver estes días do final de curso, unha vez rematado maio, o mes das Letras, e retirada a Exposición do Uxío Novoneyra.