NORMARÍN



O meu perfil
 CATEGORÍAS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Vidal Bolaño no San Narciso

É para nós un pracer anunciar que a AULA DE TEATRO DO SAN NARCISO está ultimando a Homenaxe que pensa renderlle a un dos máis importantes dramaturgos das nosas letras coa estrea, o próximo día 3 de xuño, de dúas adaptacións sobre textos de Roberto Vidal Bolaño.

Os textos seleccionados son a súa polémica visión de Rosalía de Castro: Agasallo de sombras e unha versión libre do texto que Bolaño preparou baixo o título: A ópera de a patacón(unha obra adaptada, a súa vez,por Roberto sobre textos de J. Gay e B. Brecht

A primeira será un traballo centrado nas primeiras escenas da obra Agasallo de sombras que están a realizar alumnos/as de 1º de Bacharelato.



A segunda é un traballo que os alumnos/as de 4º da ESO levan preparando desde hai meses. Axiña virá a estrea e logo colgaremos algunha reportaxe gráfica e/ou algún vídeo. Estade atentos!


Comentarios (0) - Categoría: LETRAS GALEGAS - Publicado o 30-05-2013 07:00
# Ligazón permanente a este artigo
Producións propias para as Letras Galegas 2013 en Secundaria
Esta ano con motivo das Letras Galegas celebramos a un autor que é homenaxeado, nesta ocasión Roberto Vidal Bolaño, un autor que se pode considerar como o máis importante dramaturgo da Literatura galega e sobre o que estamos montando cousas coma esta feita polos de Bacharelato para os primeiros cursos da ESO:







Mais non podemos deixar de celebrar os 150 anos da publicación dos Cantares Gallegos de Rosalía, polo que tamén estamos creando iniciativas que como o vídeo que vedes a continuación pretende participar en experiencias coma a denominada "Rosalia é mundial" propostas neste ano desde a Fundación Rosalía para traducir a diversos idiomas versos da nosa poeta:







Seguiremos subindo materiais á rede a medida que se vaian realizando. Lembradae que estamos preparando en 4º da ESO e 1º de Bacharelato un espectáculo teatral con textos de RVB para finais de maio.
Tamén da rede seguimos en Bacharelato procurando materiais como este da Escola Superior de Arte Dramática de Galicia. que contén unha guía dunha exposición sobre o autor e a súa obra moi interesante.
Comentarios (0) - Categoría: LETRAS GALEGAS - Publicado o 14-05-2013 20:48
# Ligazón permanente a este artigo
Unha edición de Cantares Gallegos imprescindible
Compartimos a idea de que quen ande na procura da Rosalía do século XXI pode acceder a ela a través da obra que Anxo Angueira vén de presentar. Trátase dunha edición crítica anotada e con comentarios de todos os poemas de Cantares Gallegos de Rosalía, un dos libros máis nomeados este ano. Podedes ver algunha das opinións que provoca esta edición aquí. Nos tamén a cremos imprescindible. Entre outras cousas que se din, é que atopamos nesta obra ao Angueira erudito, novelista e poeta, do que cremos que é unha sincera e emotiva homenaxe á vez á poeta da Terra. Un traballo exquisito dun namorado da obra de Rosalía, capaz como poucos de recitar os seus versos.
Comentarios (1) - Categoría: LETRAS GALEGAS - Publicado o 09-05-2013 22:53
# Ligazón permanente a este artigo
MEU O MUNDO É, EN GALEGO!
Comentarios (0) - Categoría: O GALEGO DÍA A DÍA - Publicado o 09-05-2013 22:35
# Ligazón permanente a este artigo
O DÍA DAS LETRAS A CONCURSO
Trátase dun concurso que o do departamento de Galego e o EDLG xunto co equipo da Biblioteca de Secundaria do centro poñen en marcha con motivo da celebración do Día das Letras. É un concurso diario que vai dende o 30 de abril ao 30 de maio e xira arredor de unhas cuestións sobre os homenaxeados que se colgan no blog da biblioteca o día anterior e que hai que respostar en 24 horas deixando as contestacións e o nome do participante na biblioteca. Se queredes ir vendo as cuestiósn consultade a páxina da Biblioteca de Secundaria do San Narciso.
Comentarios (0) - Categoría: LETRAS GALEGAS - Publicado o 02-05-2013 06:54
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0