NORMARÍN



O meu perfil
 CATEGORÍAS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

MEDIO SÉCULO DE LETRAS GALEGAS
Podes consultar nesta páxina da Voz de Galicia o contido do seu suplemento Culturas do pasado 12 de maio dedicado aos 50 anos do Día das Letras Galegas cun pequeno texto dediccado a cada autor homenaxeado dende o ano 1963 ata o 2012 e diversas reportaxes adxuntas.

Esta iniciativa pode verse tamén diariamente na TVG, posto que se emite despois do telexornal do medio día. O programa chámase GALICIA LETRA A LETRA
Comentarios (0) - Categoría: LETRAS GALEGAS - Publicado o 24-05-2012 06:25
# Ligazón permanente a este artigo
Unha páxina, enlaces e uns vídeos sobre PAZ ANDRADE
Po non ser xordos nós tamén ao que acontece imos coas Letras deste ano:

AS PALABRAS



Vén o ar ateigado de palabras,

cada mañá chamando aos nosos vidros,

para por a xermolar son e semente.

As palabras decote están falando

e somos nós os xordos á mensaxe

que no seo das sílabas carrexan.


Hai unha páxina oficial sobre de Valentín.

Escoitemos agora un poema fermoso poema elexíaco de Valentín:



NA MATRICIAL GALIZA, SEMPRE TÚA,
que dende a Torre de Hércules ao Miño
un facho acenderá por cada illa,
cando ti volvas polo mare;
de toxo unha fogueira en cada monte;
cando ti volvas polo mare;
dos castros na coroa unha cachela,
cando ti volvas polo mare;
unha loura candea en cada pino,
cando ti volvas polo mare;
o seu cirio de frouma os alciprestes,
cando ti volvas polo mare;
luces de ardora branca en cada mastro,
cando ti volvas polo mare;
un farol mariñeiro en cada dorna,
cando ti volvas polo mare;
veliñas á xanela en cada casa,
cando ti volvas polo mare;
e as pérolas das bágoas derramadas,
cando ti chegues polo mare;
cando ti chegues polo mare...


Galiza, 1954


Valentín Paz-Andrade, Pranto matricial, 1955

Para consultar outros textos poéticos

Para Primaria narede hai varias propostas como este xogo sobre Valentín están colgados estes vídeos:







Para unha
fotobiografía

Un documental da TVG de varios que poden consultarse na súa páxina oficial
Comentarios (0) - Categoría: LETRAS GALEGAS - Publicado o 08-05-2012 07:49
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0