NORMARÍN



O meu perfil
 CATEGORÍAS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Comeza a XIV Mostra de Teatro deEnsino Secundario do Morrazo
Comezou xa a XIV edición da mostra de Teatro de Ensino secundario do Morrazo coa representación do centro anfitrión o IES JoHan Carballeira de Bueu. Á Mostra deste ano contará cunha representación da Aula de Teatro do noso centro.
Comentarios (1) - Categoría: TEATRO EN GALEGO - Publicado o 29-04-2010 06:05
# Ligazón permanente a este artigo
No Día do Libro podes ler sobre o galego
Hai un libro moi especial que está sendo un dos máis lidos e recomendados esta primavera. Trátase do libro titulado "55 mentiras sobre o galego" coordinado por X. H. Costas editado por Laiovento a iniciativa de Prolingua. Fíxose recentemente unha presentación simultánea deste traballo en máis de 55 localidades de Galicia e máis dunha veintena de capitais da Península, Europa e mesmo América. Outro libro moi interesante que tamén leva pouco tempo nas librarías é o que editou Galaxia baixo o título En Galego, por que non? de Manuel Núñez Singala de clara intenciójn didáctica e orientada para provocar unha reflexión nas aulas sobre a lingua e os prexuizos que aínda existen cara a mesma.
Comentarios (0) - Categoría: Vivir como galegos, vivir en galego - Publicado o 22-04-2010 21:33
# Ligazón permanente a este artigo
Se vou a Bueu nun vou...
Aquí tedes o patrimonio mariñeiro do corazón do Morrazo a través das fotografías que conten este vídeo:

Comentarios (0) - Categoría: Vivir como galegos, vivir en galego - Publicado o 19-04-2010 22:55
# Ligazón permanente a este artigo
Lingua de amor. Un concurso para maiores de 14 anos
O concurso Lingua de amor está divido en dúas categorías: declaracións e cancións.

Os premios divídense do xeito seguinte:

Modalidade 1: declaracións de amor en galego a través da rede

Categoría A (de 14 a 19 anos):
1.º Un computador portátil Netbook
2.º Unha consola Nintendo DSI XL
3.º Unha cámara de fotos dixital


Categoría B (de 20 a 35 anos)
1.º Un computador portátil Netbook
2.º Unha cámara de vídeo dixital
3.º Unha consola Nintendo DSI XL


Modalidade 2: cancións de amor en lingua galega
1.º Un computador portátil Netbook
2.º Un iPod de 3.ª xeración
3.º Unha consola Nintendo DSI XL


Ademais destes premios, todas as persoas gañadoras recibirán un lote de libros e música en galego.

O prazo para participar permanecerá aberto ata o 28 de maio de 2010.


O prazo para as votacións será dende o 29 de maio ata o 6 de xuño de 2010.


Organízao o Consello da Xuventude coa colaboración da Secretaría Xeral de Política Lingüística.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 12-04-2010 21:46
# Ligazón permanente a este artigo
Corre pola rede o proxecto eufaloTv.
Podedes botarlle unha ollada a este proxecto curioso de tv na rede: eufalotv.
Comentarios (0) - Categoría: eu falo - Publicado o 09-04-2010 07:41
# Ligazón permanente a este artigo
Aberto de Billarda en Marín
Un deporte e un xogo tradicional galego, outro xeito de comunicarse utilizando a canle da cultura popular, no que se encadra este xogo que non lle ten nada que envexar ao deporte rei dos EE.UU. e co que comparte certa similitude, aínda que a billarda usa un pequeno pau en lugar de bólas. Chegounos a nova de que o próximo día 10 de abril poderemos participar deste Aberto en Marín para máis información aquí está a convocatoria en Vieiros
Comentarios (0) - Categoría: Vivir como galegos, vivir en galego - Publicado o 08-04-2010 06:41
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0