|
|
|
De marzo para abril con Manuel Álvarez Torneiro |
|
O outro día, día mundial da poesía recitabamos:
"Excítanme eses días
de flores sen alcance...
e marzo que aínda insiste
en debuxar con xiz as ameixeiras..."
Manuel Álvarez Torneiro, Os ángulos da brasa
Aproveitamos esta data da primavera para coñecermos mellor a un poeta humilde, Manuel Álvarez Torneiro:
Escoitemos logo un seu poema, Habitante único:
Este poeta humilde foi o último Premio Nacional de Poesía 2013 polo seu último libro "Os ángulos da brasa",do que dicía:«Penso que este libro non é un produto estándar, nin frívolo, nin lúdico, nin simplista, que incide nunha realidade que é tan persoal como plural». O premio concedido polo Ministerio de Educación, Cultura e Deporte para distinguir a obra de autor español escrita en calquera das linguas oficiais do Estado e editada en 2012. Está dotado con 20.000 euros.
Manuel Álvarez Torneiro (A Coruña, 1932 traballou durante moitos anos no ámbito do xornalismo, especialmente no xornal a Voz de Galicia, mantivo unha actividade poética ininterrumpida desde o seu debut tardío coa obra Memoria dun silencio (1982).
A súa traxectoria inclúe os títulos Rigorosamente humano (1995, Premio Esquío); Luz de facer memoria (1999, Premio González Garcés e Premio da Crítica); Campo segado (2001); Epicentro (2003); Setembro Stradivarius (2004); Parábola do incrédulo (2006) e Os ángulos da brasa publicado en 2012 na colección Tambo de Factoria K da editorial pontevedresa Kalandraka. Este poemario obtivera xa o Premio da crítica de poesía en lingua galega e o Premio Ánxel Casal. Escoitemos de novo ao poeta pouco despois de recibir o premio nunha biblioteca da Coruña:
Abril é penetrante ata drogar
a saúde que teño
a salvo nas palabras...
Tamén o podemos escoitar nunha microentrevista agora que vai comezar abril: tamén podemos ler este poema e algun outro na páxina da editorial Kalandraka. |
|
|
|
Outros blogs dos ENLG da comarca |
|
Hoxe traemos aquí un bou enxebre de Bueu Podédeslle botar unha ollada. Na cabeira aparece este vídeo:
|
|
|
|
Nova versión da Alborada de Rosalía dos centros do Morrazo |
|
|
|
|
|
INFORMACIÓN SOBRE O NOSO PLAN ANUAL |
|
Máis abaixo nun PDFpodes consultar o noso plan anual. |
|
|
|
O Portugués ábrese paso nos Institutos. |
|
Aprobada por unanimidade no Parlamento de Galicia a Iniciativa Paz Andrade. |
|
|
|
Entroido 2014 |
|
|
|
|
|