NORMARÍN



O meu perfil
 CATEGORÍAS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Unha canle nova sobre Lingua Galega
Podemos ver en www.linguagalega.tv esta canle que divulgación de vídeos en lingua galega.

Esta nova canle presenta varias seccións: CANLE 5, O vídeo na aula, dedicada á promoción de audiovisuais realizados en lingua galega. Nesta entrega, podedes ver a curtametraxe A un paso producida polo IES de Cacheiras de Teo. Alén disto, tamén están á vosa disposición outros catro programas: A formación en liña (CANLE 1), O galego na música (CANLE 2, Domingo González Lopo, reflexións sobre a emigración galega a Lisboa (CANLE 3) e Falemos de literatura, acerca da obra de Rosalía de Castro (CANLE 4).
entre outros títulos que podedes consulta e ver aquí: linguagalega.tv
Comentarios (0) - Categoría: vídeos en galego - Publicado o 29-03-2012 23:02
# Ligazón permanente a este artigo
Un documental sobre Celso Emilio Ferreiro
Podemos ver este programa elaborado pola CRTVG sobre Celso Emilio Ferreiro
Comentarios (0) - Categoría: vídeos en galego - Publicado o 19-03-2012 21:45
# Ligazón permanente a este artigo
No comezo da Primavera: Sarmiento
Agora que vén a primavera vén a conto lembrar que por estas datas naceu Sarmiento o primeiro autor da nosa literatura contemporánea, o que deu pé á paracición do movemento denominado Rexurdimento coa creación dun libriño que titulou: Coloquio dos 24 galegos rústicos ou das 1200 coplas.



Esta obra que non se publicaría ata despois da súa morte serviu dse modelo formal e de contidos para os autores que virían logo Pintos, Rosalía... Imos lembrar algo do que dicía á altura de 1746 nestas coplas:

Teñen os pobos a gala
na súa linguaxe falar,
fálase chinés na China,
portugués en Portugal,
catalán en Cataluña
e na Alemaña, alemán.
Soio os galegos de agora
ata vergonza lles dá
falar a melosa e doce
fala que falan os seus pais.


Martín Sarmiento.
Comentarios (0) - Categoría: O GALEGO DÍA A DÍA - Publicado o 15-03-2012 13:26
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0