NORMARÍN



O meu perfil
 CATEGORÍAS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Sobre o Galego no Bierzo

Comentarios (0) - Categoría: Vivir como galegos, vivir en galego - Publicado o 28-02-2013 13:04
# Ligazón permanente a este artigo
DÍA DE ROSALÍA
Unha convocatoria e dúas versións da Alborada de Rosalía para o Día de Rosalía:

Abe Rábade, Guadi Galego e Anxo Angueira:



Carlos Núñez:
Comentarios (0) - Categoría: O GALEGO DÍA A DÍA - Publicado o 22-02-2013 07:01
# Ligazón permanente a este artigo
como usar a rede información en galego
Un enlace interesante e que está en galego
como usar a rede
Comentarios (0) - Categoría: Vivir como galegos, vivir en galego - Publicado o 17-02-2013 21:05
# Ligazón permanente a este artigo
Seguimos coa recompilación de temas de CANTARES
AIRIÑOS, AIRIÑOS, AIRES...

Un recitado:


Versión de Amancio Prada coas Pandereteiras de Baio:



Versión de Pucho Boedo e dos Tamara


Versión de Victor Manuel:



Versión de Astarot:

Comentarios (0) - Categoría: LETRAS GALEGAS - Publicado o 16-02-2013 21:46
# Ligazón permanente a este artigo
MATERIAL PARA PRIMARIA SOBRE ROSALÍA
Para achegarse a Rosalía nestes días nas aulas de Primaria ( especialmente 5º e 6º) na rede hai varias propostas didácticas interesantes que colgamos aquí para que sexa máis doado realizar ese traballiño:

SOBRE ROSALÍA dende a Poboa do Caramiñal.


Unidade Didáctica do CEIP Pilar Maestu.


Do CEIP Alexandre Bóveda

Outra Proposta Didáctica de Cristina Corral Soilán

Comentarios (0) - Categoría: ENDL PRIMARIA - Publicado o 16-02-2013 21:13
# Ligazón permanente a este artigo
150 anos cos Cantares de Rosalía
Este ano 2013 cúmprense os 150 anos da publicación de Cantares gallegos de Rosalía de Castro e o mundo da cultura e o mundo escolar van celebrar conxuntamente este aniversario dunha obra tan emblemática para a literatura galega convertendo diferentes datas do ano nunha homenaxe e nunha mensaxe de futuro para a nosa lingua con Rosalía como protagonista.

A primeira destas datas achégase é o 24 de febreiro o día no que nacía en Compostela a autora máis nomeada das nosas Letras. Ao coincidir en domingo os actos oficiais da Fundación Rosalía de Castro e da Academia Galega ou a da Asociación de Escritores en Lingua Galega terán un formato máis institucional, pero haberá tamén unha singular intervención de gaiteiros da Asociación de Gaiteiros Galegos que interpretarán a Alborada Rosalía de Castro en diversos lugares de Galicia.

É de destacar que nos centros escolares ese día será o día 22 (ao ser o día lectivo máis próximo á data de celebración "oficial") e circula xa unha proposta da AELG á que desde o San Narciso nos sumamos.

Este iniciativa terá ao longo do ano outras dats e outros actos que iremos comentando así como daremos conta do que estamos preparando no noso centro.

Imos ir colacando versiósn dun dos temas máis cantados de Rosalía:
Adiós ríos , adiós fontes:

Versión dos Tamara:


Versións de Amancio Prada:





Versión de Amancio Prada e a Filarmónica de Galicia:


Versión de Lucía Pérez:


Versión de Joan Baez:


Versión de Aid:
Comentarios (0) - Categoría: LETRAS GALEGAS - Publicado o 16-02-2013 07:04
# Ligazón permanente a este artigo
Concurso de Cartas de Amor en Marín

I I CONCURSO DE CARTAS DE AMOR (2013)
CONCELLERÍA DE CULTURA DO CONCELLO DE MARÍN E BIBLIOTECA PÚBLICA
BASES
1ª Participantes: Poderán participar rapaces e rapazas desde os 7 anos ata os 17. Haberá tres categorías.
a) 1ª categoría: Rapaces e rapazas de 7 a 9 anos.
b) 2ª categoría: Rapaces e rapazas de 10 a 13 anos.
c) 3ª categoría: Rapaces e rapazas de 14 a 17 anos.
2ª A temática das cartas será exclusivamente amorosa.
3ª A lingua empregada deberá ser o galego.
4ª O texto será necesariamente orixinal, quedando fóra do concurso aqueles traballos que sexan plaxio dalgún autor.
5ª Quedará deserto o premio no caso que os traballos non teñan a calidade requirida.
6ª Admitirase unha única carta por persoa.
7ª Debe ir escrita de puño e letra sen ningunha identificación.
8ª As cartas non poderán superar a extensión de un folio por unha cara.
9ª As obras presentaranse en sobre totalmente pechado, poñéndolle no exterior: ?I Concurso de cartas de amor Concello de Marín?. Os datos do concursante (nome, apelidos, enderezo completo e o teléfono) figurarán noutro sobre tamén pechado. Estes dous sobres meteranse nun terceiro sobre ao que se lle porá por fóra ? I Concurso de cartas de amor Concello de Marín?, indicando tamén a que categoría pertence (1ª, 2ª ou 3ª) dependendo da idade do/da participante.
10ª Os traballos presentaranse persoalmente na oficina de Cultura do Concello de Marín (situada no Museo Municipal Manuel Torres na avda. de Ourense s/n, Marín). O prazo de presentación dos traballos remata o martes día 12 de febreiro de 2013 ás 13.00h.
11ª Establecerase un único premio por cada categoría consistente nun lote de libros.
12ª O xurado estará formado por Beatriz Rodríguez Gómez, concelleira de Cultura do Concello de Marín, María Engracia Vicente Izquierdo, directora da Biblioteca Pública de Marín, José Ramio Gestido Pousada, concelleiro de R. e Novas Tecnoloxías e actuanco como secretario, Alberto Mallo Area, suplente da técnica/o de Normalización Lingüística do Concello de Marín.
O fallo do xurado, que será inapelable, farase público o día 14 de febreiro e a entrega de premios será o día sábado, día 16, ás 12.00 horas, no Museo Municipal Museo M. Torres.
13ª O concurso pode declararse deserto, por decisión do xurado e a participación neste implica a total aceptación destas bases.
14ª Os/as participantes neste concurso cédenlle ao Concello de Marín o dereito de expoñer e publicar os traballos presentados a este concurso.
Marín, 30 de febreiro de 2013
A concelleira de Cultura
Beatriz Rodríguez Gómez
Comentarios (0) - Categoría: O GALEGO DÍA A DÍA - Publicado o 08-02-2013 06:17
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0