O que fora director do Colexio San Narciso, padre paúl e un home destacado no eido cultural galego acaba de deixarnos.
Xa había case un ano que fixara a súa residencia nun centro de padres paúis en retiro que dita comunidade ten en Salamanca. menos tempo no que seu estado de saúde empeorara e ao fín o día 29 falecía aos 89 anos de idade.
Destacou como téologo e historiador, pero aos que o coñecemos non podemos deixar de lembrar de el a súa capacidade de traballo, a súa xenerosidade como persoa e o seu compromiso cos seus ideais sempre tan apegados a Galicia. Precisamente unha etapa da súa vida moi produtiva intelectualmente e digna de mención na que aportou distintas obras, contribuiu á edición de importantes e destacadas obras (A igrexa galega, Alexandre Bóveda, Breve Historia de Galiza, Martín Sarmiento...)coincide coa dirección do semanario nacionalista denominado A Nosa Terra.
O seu compromiso como intelectual galeguista levárao ao cárcere uns anos antes, pouco despois de deixar a docencia que exerceu no noso centro en Marín e tamén no centro dos Paúis de Baracaldo aló polos anos 60.
Lembramos con cariño o seu interese e a súa aportación a unha pastoral diferente, as súas últimas charlas no centro con motivo das das Letras Galegas á solicitude do noso Equipo de Normalización ou máis recentemente, unha das últimas actividades públicas, a derradeira lección maxistral que lle escoitamos no acto de homenaxe que a Asociación de Escritores en Lingua Galega lle rendiu en Compostela incorporándoo á lista dos Bos e Xenerosos.
Deixamos aquí unha entrevista, tamén recente realizada no ano 2013 na canle Irmandade TV:
|