Neira Vilas, un autor do que gardamos unha grata memoria, como lectores a gradecidos e coñecedores de perto da súa cordialidade e dos seus valores como persoas, xa que visitou en distintas ocasións o noso centro nos últimos anos.
Este curso, como cabe esperar, faremos memoria do seu aporte ás Letras Galegas e procuraremos que estea presente nas aulas do San Narciso como ben o merece un autor tan próximo a nós ao que tratamos e lembramos con cariño.
Elixio Rivas Quintas, quen fora secretario do Colexio San Narciso en Marín, veu estes días facer unha visita (agora reside en Ourense) e cos seus 90 anos un dos lexicógrafos máis importantes da nosa lingua. Unha persoa tan próxima que ben merece tela presente á hora de realizar calquera traballo de normalización na nosa contorna. É unha das nosas fontes de documentación, mais tamén un exemplo de compromiso coa lingua pois a recuperación da onomástica a toponimia tradicionais son unha parte importante do proceso de normalización lingüística.
UN DOS SEUS MONUMENTAIS TRABALLOS: TOPONIMIA DE MARÍN
Da súa tese doutoral editada (un estrato dunhas 400 páxinas) no ano 1982 como anexo 18 do Anuario Galego de Filoloxía da Universidade de Santiago de Compostela imos transcribir a continuación algunha das súas valiosas reflexións tiradas da Introdución á mesma:
" O campo da toponimia está, na súa meirande parte, por explorar. É unha parcela do saber fascinante e prometedora, aínda que difícil e aventurada; e isto non só pola súa propia natureza, senón tamén pola escaseza de traballos de vangarda.
O obxecto, os nomes de lugar, existe en calquera punto na que a pegada do home se asentase. Poucos lugares da Terra, sen embargo, presentarán tal plétora por km2 como Galicia. Se os chamados topónimos maiores sobre pasan os 35.000, os coñecidos por menores e que nada difiren intrinsecamente dos outros, deben de roldar o millón e medio. Descontada a lingua común, non temos acervo de tal consideración en ningún outro aspecto da cultura. E é tanto máis importante o examinalo sen demora, canto que, en transo de perderse, trátase da palabra do home, reflexo e suma da súa alma, e manifestación do seu paso por esta terra galega. É unha pegada estereotipada que se borra día a día; sen a toponimia prerromana, quedariámonos de súpeto, sen un monumento arqueolóxico tan importante como as mesmas mámoas e castros."
Os Premios Nacionais de Literatura que outorga o Ministerio de Educación e Cultura veñen sendo unha confirmación, por paradóxico que pareza, da nosa capacidade creadora.
Así ao pouco de comezar o presente curso 2015/16 aquí temos unha vez máis unha mostra do que dicimos:
LEDICIA COSTAS na categoría de Literatura Infantil e Xuvenil