Un vídeo realizado en base a un relato do mesmo título de Anxel Fole:
Este relato lembranos tamén un poema con certos parecidos que se titula A pantasma, de Francisco Añón, cargado de elementos románticos propios da época na que se escribiu, ademais da ironía que nos caracteriza.
Curiosa nova a favor da lingua, dos que falan unha lingua e non teñen inconvenientes en saber máis dunha lingua, por se hai persoas ( que as hai e que as temos oído) que nos din que para que van aprender galego se só co español xa van sobraos!!!!
Ademais cada día aparece unha nova de interese sobre o galego. Desta traemos un curso de galego titulado isto é galego moi curioso, moi xeitoso!!!!
A Mámoa do Rei é impresionante, un dolmen de corredor recentemente escavado e ben conservado. A etimoloxía pode facer perfectamente referencia ao gando( rei en latín) a pesar de que pode soar inicialmente a un rei.