Este ano o tradicional magosto que o Colexio San Narciso celebra no Lago de Castiñeiras, unha xornada de convivencia e posta en común de actividades didácticas variadas, incluía ademais das consabidas castañas asadas e dos xogos populares e danzas ao son das gaitas, unha homenaxe moi especial ao Uxío Novoneyra, o poeta do Caurel que mellor cantou ao Outono e ao que se lle dedicaron as Letras Galegas do 2010.
A homenaxe consistiu na creación dun macropoema do autor titulado ?Cain as follas? e que foi confeccionado con centos e centos de follas naturais multicolores que foron formando os versos do poema:
?Caín as follas
sinto unha cousa
que se apousa en min
e non me toca.
E chove pra que eu soñe,
pra que eu soñe,
falar á tarde baixiño.?
Esta actividade está relacionada coa campaña do Plan Lector do Centro denominada ?Outono da diferenza? que partía da Biblioteca onde ?naceron varias árbores cargadas de follas DIN?A4, cheas de poemas en diversas linguas? e remataba ao pé da Lagoa de Castiñeiras coa creación, con follas de verdade, dun POEMA XIGANTE dun escritor da nosa Terra. Proposta polo Equipo de Normalización Lingüística están implicados distintos departamentos (DACE, Lingua, Plástica) e foi precisa a participación de xeito activo tanto de profesores como de alumnos/as de todos os cursos.
Non foi a única experiencia novidosa, tamén se puxo en marcha un concurso fotográfico "unha imaxe vale máis que mil castañas" sobre o Magosto e houbo ademais unha entrega dos premios do anterior concurso o das cabazas de Defuntos, celebrado días atrás. Nestas propostas didácticas participaron os distintos cursos de Secundaria (ESO e BACHARELATO).
Este ano no que centramos o noso traballo no respecto non debemos deixar pasar esta data para reclamar a atención sobre este problema fondamente arraigado na nosa sociedade como é o da violencia de xénero.
Tamén a lingua galega ten bos referentes que nos axudan a entender coas palabras a loita pola igualdade da muller e a necesidade de vivir co respecto como norma de vida.
Dúas recomendacións, para os máis lectores o libro de Marilar Alexandre "A Cabeza da Medusa" editado por Xerais, e para quen teña pouco tempo uns minutos para escoitar este poema de Rosalía en dúas fermosas versións.
O día 19 de novembro celebrouse a VI Xornada de Normalización e Dinamización Lingüística organizadas por Escolas católicas de Galicia. Foi unha xornada que contrinuíu a rachar tópicos coo veredes.
Na inauguración non estivo presente, por vez primeira, o titular da Secretaria Xeral de Política Lingüística da Xunta, Anxo Lorenzo.
Na primeira das charlas de Henrique Monteagudo centro a súa conferencia en amosar como dende os anos 80 a caída de falantes de galego por sectores de poboación establecidos por idade, estancouse. Pero aínda temos a apreciación de que hai unha tremenda debacle ao mirar cara o pasado a causa de que estamos sufrindo dalgún xeito o peso da perspectiva de perda de falantes que foi xestada durante a etapa do Franquismo ( é dicir, onde realmente senota a perda de falantes constante e sen parada é entre as persoas educadas neste período). Debemos pois ir pensando que o século XXI presentará non unha situación na que os galego falantes sexan máis do 50% da poboación, como o viña sendo ata o de agora grazas á poboación máis vella fundamentalmente. Por iso é importante contruir un discurso na defensa da lingua que non estea baseado no xa tópico argumento de que é o idioma da maioría da poboación. Fixo logo unha pequena chamada de atención aos docentes no sentido en que o reto está en que a xente nova fale o galego , expresión oral, e que se pense en estratexias para alumnos/as que comezan a falar o galego , que son só castelán falantes e deben achegarse ao galego non como falantes bilingües.Deben pois pasar por ese proceso de coñecer o galego, pero sobre todo estar motivados ( cousa que non se valora moitas veces) e proporcionarlle ao alumnado ocasións de uso.
A seguinte das calas foi especialmente insistente na ruptura de tópicos. Xurxo Souto falou da súa experiencia nun medio, na Radio. Comezou dicindo que era necesrio rachar con tópicos moi nocivos e completamente falsos. O galego non vende e logo a campaña de "vivamos como galegos" ou a campaña electoral que é a máis efectiva das campañas de publicidade non vai en galego mesmo en políticos que non usan o noso idioma como Rajoi?. Outro dos tópicos foi o que demostrou que na TVG os programas ben feitos con materia e protagonistas galegos funciona: Galicia sitio distinto de Antón Reixa (ano 1987 no que Xurxo tivo a sorte de participar)ou programas ben feitos como o Luar, ben feitos para un sector da poboación de maior idade, claro está, pero que foi quen de poñer nun escenario aos noso vellos e vellas cos cantos tradicionais grazas a Mercedes Peón entre outras cousas, rachando coa inercia dunha televisión na que só tiñan cabida as "vellas glorias de la canción española".
Logo veu o seu programa na cadea ser da Coruña, onde volveu a esfarelarse outro dos topicazos " A Coruña non fala galego" cando é a cidade de Galicia onde hai maior porcentaxe de galegofalantes. Todo o extraradio da Coruña é galego falante. O seu programa comezou a ser o referente dos galegofalantes da cOruña e de estar pensado para a mocidade, pasou a ser escoitado por todo tipo de ointes: percebeiros, xubilados, descubrindo a xoegrafía urbana da Coruña os que procedían de Lugo os de Ourense ou os da Costa da Morte.
Veu logo a etapa como Director de programas da Radio Galega e un programa para música só en galego na que non daba feito. Hai música e esta música que se fai na Coruña ou en Vigo faise en galego e faina xente moza, logo o galego segue a ser unha ferramenta útil neste sector da poboación que precisa proxección e experiencias de intercambio entre cidades por exemplo concertos conxuntos Vigo-Coruña. Como conclusión sempre que se faga ben, bos produtos culturais. bos contidos, o idioma lonxe de ser un tope é un elemento que multiplica a potencialidade do éxito. O galego é un idioma de éxito en Galicia.
A sesión da tarde, despois dunha charla sobre o proceso de normalización en Euskadi con cantidade de datos , pero con outros tantos problemas técnicos á hora de expoñelos ( vídeos e demais) centrouse en experiencias de creación de Radio Escolar (unha en Ourense e outra na Coruña). Explicaron os pormenores os programas que se usan e como se pode colgar na rede un programa de Radio, ou como a través dunha Radio Comunitaria se poden realizar programas de radio feitos polos alumnos/as.
Para rematar unha pequena intervención musical por parte do grupo de Música Antiga Meendinho con cantigas de amigo da nosa lírica medieval.
O escritor Agustín Fernández Paz vén de rexeitar o Premio da Cultura Galega que o xurado lle outorgou debida a súa traxectoria como escritor de recoñecido prestixio.
Por coherencia co xa anunciado polo propio escritor anteriormente, a súa proposta de rexeitar premios ou galardóns que viñeran dunha administración que considera é lesiva co galego.
Así o manifestou nun comunicado de prensa.
Xa podemos ir xogando ao trompo,o mes de Defuntos é o que toca, tallar as cabazas e calacús, colocalas nos camiños e encrucilladas, comer o bacallau e deixar a noite do día 1 ao 2 do mes a mesa co prato con pan dos mortos (castañas)para os defuntiños, papar nós tamén zonchos ou bullós, celebrar o magosto e o San Martiño (nós témolo ben doado estamos perto de Bueu de onde é o patrón) e finalmente sacar a nosa colección de peóns e trompos aos pés!
Pódese saber máis sobre a ciencia en galego nesta páxina que ademais ofrece diversos materiais de interese para facer da ciencia en galego unha materia plena de oportunidades como tamén podese obxservar o ecolinguismo ou o denominado galego natural nesta outra páxina de gran interese.