NORMARÍN



O meu perfil
 CATEGORÍAS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Dálle de mamar en galego
Comentarios (0) - Categoría: vídeos en galego - Publicado o 22-10-2013 21:12
# Ligazón permanente a este artigo
Manuel Álvarez Torneiro, Premio Nacional de Poesía
"Escribimos porque temos que morrer, porque a vida non basta"


Acabamos de saber do premio recibido polo libro Os ángulos das brasa de Manuel Álvarez Torneiro, un vello poeta pero pouco coñecido e toda unha sorpresa. A verdade que a súa edición era por nós coñecida a través da Editorial Kalandraka que abría a súa colección de poesía con este libro precisamente. Que bo ollo!!
Este libro xa recibiu varios premios ( PREMIO NACIONAL DE POESÍA ANO 2013
PREMIO DE POESÍA DA AELG ANO 2013
PREMIO ÁNXEL CASAL ao libro de poesía (Asociación galega de editores) ANO 2012
PREMIO DA CRÍTICA ESPAÑOLA (Asociación española de críticos literarios)ANO 2012) e cremos que se está convertendo nunha nova referencia para o mundo poético da Galicia do XXI.
Comentarios (0) - Categoría: O GALEGO DÍA A DÍA - Publicado o 09-10-2013 00:10
# Ligazón permanente a este artigo
A Orella pendella para enriquecer o vocabulario dos nosos nenos/as
Xa que andamos cos sentidos ás voltas este ano para principiar coatradición oral como referente inicial podemos botar man da páxina Orella pendella onde atoparemos un importante e interesante material para traballar o léxico do corpo e os sentidos entroutros campos semánticos.
Comentarios (0) - Categoría: ENDL INFANTIL - Publicado o 02-10-2013 00:26
# Ligazón permanente a este artigo
Rosalía en ruso e namentres en Galicia...
Onte foi o Día da Tradución, hai uns días o libro fundacional da nosa literatura contemporánea, Cantares Gallegos de Rosalía de Castro vía á luz, pero traducido ao ruso. Presentouse realmente o Día Europeo das Linguas, o 26 de setembro, pero namentres en Galicia seguen a producirse novas protagonizadas por autoras como Beta Dávila que vén de presentar a novela "O derradeiro libro de Emma Olsen". Chamounos á atención a capacidade da autora para transmitir nas súas entrevistas a súa sensibilidade pola lingua e pola Terra cando di:
"...a identidade pasa por entender quen somos, quen fomos e porque somos en función do que fomos antes" ou comenta: "A lingua vennos dada, pero nunha situación de conflito como a que temos nós, tamén é unha elección. No meu caso, foron as dúas cousas. Veume dada por unha banda, pero tamén a escollín. Polo menos, escollín non abandonala. Eu son galega, vivo aquí e escribo en galego... Creo que é o normal. Máis que a pregunta de que nova es, amólame moito máis a pregunta de por que escribo en galego. E por que? Porque xa sabemos que significa esa pregunta."

Dúas reflexións interesantes á hora de falar da identidade e do mundo no que vivimos.

Comentarios (0) - Categoría: O GALEGO DÍA A DÍA - Publicado o 01-10-2013 15:17
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0