Fina Casalderrei será investida como Académica numeraria na Academia Galega, segundo se soubo hoxe. Unha boa nova para as Letras galegas ao incorporarse unha muller a unha Academia, ata o de agora moi masculina e ao interesarse polo campo da literatura que define unha gran parte da obra de Fina, a Literatura Infantil e Xuvenil. Parabéns por todo o dito.
Podedes ver esta curiosa sentenza e este curioso recurso gañado e que xiran sobre unha frase en galego. esta nova está tirada do xornal dixital praza pública
Como todos os anos unha invitación a participar na dinamización lingüística de xeito activo a través dunha convocatoria anual que cada curso vai tomando forza. Bótalle unha ollada a este e as propostas que ofrece Correlingua 2013
- ERE no Polo: Unha das microobras de teatro da sala "la tuerka 27" en galego, con tema navideño e tamén moi divertida (nesta quenda había máis comedia da habitual), trata sobre un elfo que levaba séculos traballando para Papá Noel, pero foi despedido na última regulación de persoal. Así que vai á oficina do INEM para pedir o paro, para o que levaba moitos anos cotizados...
Se cadra por iso en Galicia preferimos ao Apalpador e estamos pasando un tanto do gorriño colorado cos pompóns brancos.
Unha experienca divertida e poderosa destes personaxes moi populares e moi galegos que pasaron un Nadal no circo de xira por toda Galicia. Hoxe rematarona xira en Vilagarcía despois das 13 noites que dura este ciclo de Nadal.