Nesta edición de novo participará a AULA DE TEATRO SAN NARCISO que representará a obra de creación propia "Narciso na procura do eu".
Trátase dunha reflexión sobre o teatro, o ser humano, a súa evolución. Pero tamén é unha revisión do mito de Narciso, o coñecemento de nós mesmos, o amor e o desamor, como unha das razóns que nos definen e que se perpetúan na nosa especie ao longo de vida e dos séculos coma un eco.
Inspirados igualmente por varios temas de Espido: un traballo musical de Guadi Galego, letrista e voz, acompañada da guitarra Guillerme Fernández. traemos aquí unha mostra de tres dos temas de ESPIDO:
arroró
quixera (versión con Xabier Díaz)
eu a vin
A obra Narciso na procura do eu presentarase na Mostra de Teatro de Ensino Secundario do Morrazo , este ano con capital en Bueu no IES Johán Carballeira o próximo día 29 de abril ás 10,30 da mañá.
Hoxe celebramos o Día Internacional da Muller e fixémolo botándo man das nosas autoras, das nosas cantantes, da nosa literatura, das nosas cantigas.
Fixemos unha dramatización sobre o rol da muller ao longo dos séculos ligado a fiar lá ou liño e dando a entender que a muller soubo reclamar no século XX e o segue a facer no presente unha rptura con eses labores aos que estivo ligada historicamente.
Este lema: O CAMIÑO QUE NOS IDENTIFICA é o lema escollido para encabezar e titular un traballo que estamos realizando facendo memoria do que levamos percorrido atá o día de hoxe, actividades, debates, etapas, evolución e atrancos superados sabendo que é no camiño como fomos quen de enriquecernos coa experiencia destes anos e coller folgos para seguir camiñando.
Imos ir recuperando documentos e vídeos de diversa índole onde fomos deixando a nosa pegada por exemplo nas numerosas montaxes da Aula de Teatro:
Aquí podedes atopar este traballo dos equipos de normalización dun CEIP de Bergantiños que pode ser de interese para traballar en calquera dos grupos de Primaria.O enlace leva por título: material escolar vocabulario
Pero parece máis interesante estoutro editado dende a SXPL sobre Léxico e actividades relacionadas con distintos campos semánticos.
Ademais aparece neste blog material para outono , nadal, entroido... chámase o recanto de mik