NORMARÍN



O meu perfil
 CATEGORÍAS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

A CIENCIA EN GALEGO

Pódese saber máis sobre a ciencia en galego nesta páxina que ademais ofrece diversos materiais de interese para facer da ciencia en galego unha materia plena de oportunidades como tamén podese obxservar o ecolinguismo ou o denominado galego natural nesta outra páxina de gran interese.
Comentarios (0) - Categoría: O GALEGO DÍA A DÍA - Publicado o 09-11-2010 01:06
# Ligazón permanente a este artigo
A SAIA DE CAROLINA CANTADA EN MARÏN
Curiosa polémica a que se creou unha vez que soubemos da existencia da famosa canción da Carolina cantada en castelán.

O desagravio protagonizado por un nutrido grupo de persoas na alameda de Marín non estivo mal.
Comentarios (0) - Categoría: Vivir como galegos, vivir en galego - Publicado o 07-11-2010 14:17
# Ligazón permanente a este artigo
Se cambias de lingua, cambias de vida
Un autor como Sechu Sende reflexiona sobre a súa relación coa lingua:

Comentarios (0) - Categoría: O GALEGO DÍA A DÍA - Publicado o 20-10-2010 21:38
# Ligazón permanente a este artigo
Moi semellante ao BEN FALADO
Os nosos irmaos os portugueses crearon un programa de TV sobre a lingua moi semellante ao BEN FALADO, mais coas súas propias e orixinais ideas. Botarlle unha ollada a este programa dedicado precisamente ao galego e ao portugués, semellanzas e diferenzas:

Comentarios (0) - Categoría: BEN FALADO - Publicado o 17-10-2010 22:09
# Ligazón permanente a este artigo
RESPECTO Á DIFERENZA, DEREITO Á IDENTIDADE
Comeza o curso 2010-2011, o noso lema "Respecto á diferenza, dereito á identidade" vainos levar durante este curso polo camiño da tolerancia á diferenza, esa que non impida a nosa afirmación orixinal no universo, que reclame o noso dereito a ser diferentes e a non estragar a nosa cultura, a nosa peculiar forma de ver o mundo.

Unhas palabras tiradas do comunicado da Federación Internacional de Tradutores no Día Internacional da Tradución (30 de setembro)vén moi a conto:
" O noso planeta é rico na diversidade lingüística. As aproximadamente seis a sete mil linguas faladas en todo o mundo son o depósito da nosa memoria colectiva e o patrimonio intanxible. Pero a diversidade lingüística e cultural que ofrecen está baixo a ameaza: o 96% destas linguas son faladas por só o 4% da poboación mundial e centos de eles axiña se perderán para sempre.

A UNESCO e as Nacións Unidas pediron aos seus Estados Membros apoiar e protexer a variedade de linguas que se falan polos pobos do mundo. A Declaración Universal da UNESCO sobre a Diversidade Cultural, adoptada en 2001, establece que "a diversidade é tan necesaria para a humanidade como a biodiversidade para a natureza".

Por iso o noso traballo durante este curso cremos que debe encamiñarse na procura de preservar o espazo do galego, ese que debe ocupar Galicia no mundo.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 02-10-2010 08:12
# Ligazón permanente a este artigo
O CAMIÑO QUE NOS IDENTIFICA NA SECRETARÍA
A Exposición sobre os 15 anos do Equipo de Normalización (ENDL) que leva o título xenérico de "O CAMIÑO QUE NOS IDENTIFICA" está situada na entrda principla do centro coa idea de que o conxunto da Comunidade Escolar do San Narciso se faga eco desta celebración da que todos os seus membros forman parte efectiva. Son varios paneis que van facendo memoria curso a curso dos principais pasos dados e das máis chamativas accións do Equipo de Normalización tanto en Infantil e en Primaria, como na ESO e Bacharelato dende o ano da súa creación (1994) ata o día de hoxe (curso 2009/2010).

Podedes ver tamén o Chan do Monte dixital nº 0 que está colgado na web do Colexio onde aparecen todos os paneis da Exposición, ademais doutros suxestivos artigos.
Comentarios (0) - Categoría: 15 ANOS DO ENL - Publicado o 28-06-2010 22:58
# Ligazón permanente a este artigo
Decálogo sobre a lingua galega en infantil
A coordinadora de equipos de normalización lanzou este decálogo como campaña para promover o galego na Educación Infantil:
Comentarios (0) - Categoría: ENDL INFANTIL - Publicado o 21-06-2010 01:04
# Ligazón permanente a este artigo
Unha campaña de creatividade en galego


Comentarios (0) - Categoría: Vivir como galegos, vivir en galego - Publicado o 16-06-2010 00:02
# Ligazón permanente a este artigo
HOXE CUMPRIMOS 15 ANOS
Tal día como hoxe constituíase o Equipo de Normalización do noso centro e dende aquela como adoita dicirse xa choveu, que vén sendo un xeito de dicir que pasou moito tempo, pasaron moitas cousas, fixemos bastantes cousas, ao mellor non todo o que quixaramos, pero sempre hai que deixar algo de ilusión para o futuro. Escollemos para celebralo unha Exposición que se titula: O CAMIÑO QUE NOS IDENTIFICA: 15 anos do Equipo de Normalización. Que poderedes ver estes días do final de curso, unha vez rematado maio, o mes das Letras, e retirada a Exposición do Uxío Novoneyra.
Comentarios (0) - Categoría: 15 ANOS DO ENL - Publicado o 09-06-2010 07:27
# Ligazón permanente a este artigo
Adolfo Caamaño, profesor e escritor
Un congreso interesante



Comentarios (0) - Categoría: Vivir como galegos, vivir en galego - Publicado o 31-05-2010 23:15
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0