Comeza un novo curso e imos traballar sobre o lema da verdade. Saber quen somos, sermos auténticos, orixinais e non avergoñarnos da nosa identidade, orgullosos da nosa forma de ver o mundo, da nosa cultura e da nosa lingua é descubrir a verdade... a Galicia que levamos dentro. Sabemos que a verdade tamén nos fará máis libres.
?A realidá existe
porque existe a palabra.
Si non sabes dicir longa é a noite
tampouco saberás que existe a alba.?
Celso Emilio Ferreiro
Realizamos unha campaña-concurso con entrega de premios na Biblioteca de Secundaria que resultou interesante, divertida e mesmo sorprendente polo número de textos recibidos aínda que no capítulo de imaxes e cómic foi menor a participación, pero tivo calidade dabondo. Os textos,que aparecen no blog da Biblioteca, aínda que mellorables en moitos casos tamén tiveron un nivel axeitado tanto en lírica como en prosa. O tema escollido, o do amor, provocou nos autores certas incomodidades ao non poder transcender da súa realidade circundante e realizar con plena independencia un texto de ficción, sempre deixaron algo de seu nos poemas , nas cartas e nos microrelatos presentados.
Amarte, vida, amarte case sempre,
inda que sexas dura e leves entremedias
piedade e odio intermitentemente...
E aquí estou eu
con ela dentro sempre
insomne
e irredenta
como única compaña unha vez máis;
a enfermidade.
É certo que Lois Pereiro vivíu enfermo, pero non só enfermo por unha doenza médica, tamén doíanlles as feridas que o planeta sofre, que as xentes senten e sentimos todos cando estamos oprimidos nun mundo globalmente enfermo.
A amizade protexe e o amor cura
o odio contaxia e fire
a indiferencia mata.
Apagado este incendio sobrevivide libres
deste estertor final de quen vos ama.
¿ que lle podo ofrecer a quen me intente
se son un fío solto da esperanza
tecida e destecida
por Penélope?
A man dereita á dereita do corpo
a man esquerda á esquerda.
En plenas facultades,
teño a cabeza no centro do mundo
e voulle cambiando os argumentos
ós meus soños escasos e prudentes.
somentes
intentaba conseguir
deixar na terra
algo de min que me sobrevivise...
e o futuro é por forza alleo a min.
"...E conseguiches o que
querías desta vida?
Conseguino, si.
¿ E que querías?
Considerarme amado, sentirme
amado na terra"