Podedes ver esta curiosa sentenza e este curioso recurso gañado e que xiran sobre unha frase en galego. esta nova está tirada do xornal dixital praza pública
Como todos os anos unha invitación a participar na dinamización lingüística de xeito activo a través dunha convocatoria anual que cada curso vai tomando forza. Bótalle unha ollada a este e as propostas que ofrece Correlingua 2013
- ERE no Polo: Unha das microobras de teatro da sala "la tuerka 27" en galego, con tema navideño e tamén moi divertida (nesta quenda había máis comedia da habitual), trata sobre un elfo que levaba séculos traballando para Papá Noel, pero foi despedido na última regulación de persoal. Así que vai á oficina do INEM para pedir o paro, para o que levaba moitos anos cotizados...
Se cadra por iso en Galicia preferimos ao Apalpador e estamos pasando un tanto do gorriño colorado cos pompóns brancos.
Unha experienca divertida e poderosa destes personaxes moi populares e moi galegos que pasaron un Nadal no circo de xira por toda Galicia. Hoxe rematarona xira en Vilagarcía despois das 13 noites que dura este ciclo de Nadal.
Preparando o peche do ano do centenario do nacemento de Celso Emilio Ferreiro o ano 2012, mañá día 12 ás 12 do mes 12 recitaremos un dos poemas de Celso Emilio Ferreiro máis populares e na TVG emitirán un documental moi especial este é un breve adianto:
Unha interesante entrada do ENDL do IES CASTRO ALOBRE de Vilagarcía que reproducimos:
As conclusión recollidas no terceiro informe de avaliación do cumprimento da Carta Europea das Linguas Rexionais ou Minoritarias (CELRM) son que, as medidas adoptadas polo goberno autonómico galego desde 2009, contradín os acordos asinados no ano 1992 en Estrasburgo na citada carta.
O Comité de Expertos que visitou Galicia constata, no informe enviado ao Consello de Ministros do Consello de Europa, o desequilibrio lingüístico no ámbito educativo, derivado da aplicación do Decreto de Plurilingüismo vixente. Instan á toma de medidas para resolver esta situación, así como a necesidade de ofertar a educación no idioma autóctono para aquelas familias que o demanden, sobre todo, na etapa de 3 a 6 anos.
Ademais, critican a eliminación das galescolas (agora Galiña Azul); a desaparición da maioría da prensa escrita en galego; a redución do uso da lingua propia nas mensaxes institucionais, a falta de datos sobre a formación lingüística do funcionariado e outras medidas que non favorecen a biodiversidade idiomática.
E para entendermos o importante que é coidar unha lingua, escoitade a Patricia Ryan, profesora de Inglés. Soamente son dez minutiños, e paga a pena.
A campaña inicial do EDLG xira ao lema deste ano: Vivimos como galegos? e vai dando os seus froitos en forma de enquisas nas que os alumnos/as van descubrindo cal é a súa árbore filolóxica, é dicir, cal é a lingua dos seus coa idea de que reflexionen sobre cal vai ser "a lingua de meu". Trátase dun exercicio didáctico de reflexión que deben ir abordando á vez que van configurando nos cursos da ESO a súa personalidade, o seu carácter e a súa propia identidade.
Un pracer saber que unha editora galega é recoñecida e galardoada polo seu labor como referente do bon facer no Estado, pero tamén no mundo, a nivel internacional.
Podedes coñecer a nova deste premio a través da propia páxina de KALANDRAKA EDITORA