NORMARÍN



O meu perfil
 CATEGORÍAS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Na procura da verdade sobre CELSO EMILIO FERREIRO
Comezamos de cara ao San Martiño, unha campaña-traballo de achegamento á figura de Celso Emilio Ferreiro no curso no que se vai celebrar o centenario do seu nacemento que pensamos desenvolver coas en colaboración co Depratamento de Galego e as titorías de ESO e Bacharelato.

Na primeira cala realizada hoxe na titoría de 4º da ESO na procura de versos que levar a Castiñeiras e para ofreceren á natureza atopamos un par de textos anacos de poemas. Un sobre o outono, o outro sobre a verdade:

Un procura a verdade
por tódolos camiños, baixo as pedras,
nas raigames escuras das olladas,
máis alá das escumas i os solpores...


Comentarios (0) - Categoría: ENDL SECUNDARIA - Publicado o 08-11-2011 23:39
# Ligazón permanente a este artigo
A historia de Castañeta.
" A castaña no ourizo quixo rir e rabioue,
caeu do ourizo embaixo, mira que traste levoue"


Nesta semana previa ao magosto os nenos e as nenas de Educación Infantil celebrarán tamén o magosto. Para preparar esta actividade Ana Rodríguez elaborou un material moi sinxelo para ir aprendendo o léxico fundamental do magosto: a castaña,o ourizo, ocastiñeiro, a árbore, o outono...

Ao rematar o magosto seguro que poderemos ver os resultados deste pequeno conto da castaña Castañeta.

Temos que dar dende aquí a benvida e a noraboa ao novo blog de infantil que se incorporou aos blogs didácticos do colexio hai uns días e onde seguro aparecerán tamén tanto información gráfica coma escrita sobre as actividades que desenvolven como, por exemplo,xa fixeron sobre a celebración do Samaín nas aulas de infantil.
Comentarios (0) - Categoría: ENDL INFANTIL - Publicado o 07-11-2011 23:15
# Ligazón permanente a este artigo
O DÍA DA CIENCIA EN GALEGO
En galego tamén se fai ciencia

Este ano celébrase o Ano Internacional da Química. Conmemórase o premio Nobel de Química concedido a Marie Curie en 1911 polo seus descubrimentos dos novos elementos Radio e Polonio. Marie Courie é a primeira persoa que recibe dous premios nobeis (de Física e Química), e posteriormente só houbo outra persoa. É a primeira muller que recibe un premio Nobel, é a primeira muller que dá clases na Universidade da Sorbona,… sendo que fai os seus descubrimentos estando fóra da Universidade, antes de que sexa nomeada profesora, e tendo dúas fillas (unha deles premio Nobel, tamén).


Comentarios (0) - Categoría: O GALEGO DÍA A DÍA - Publicado o 04-11-2011 19:07
# Ligazón permanente a este artigo
Tempo de recolleita
Un vídeo sobre o asunto da recolleita:
Comentarios (0) - Categoría: vídeos en galego - Publicado o 22-10-2011 08:53
# Ligazón permanente a este artigo
CAMPAÑA INICIAL: A LINGUA DOS NOSOS AVóS 2011

Comentarios (0) - Categoría: ENDL SECUNDARIA - Publicado o 21-10-2011 06:55
# Ligazón permanente a este artigo
SERIE TV SOBRE LENDAS GALEGAS
Atopamos no blog o falar non ten cancelas unha nova interesante sobre unha serie de TV de Lendas galegas dirixidas por Xosé Couñago


Unha segunda entrega: Santa Mariña de Augas Santas

Unha terceira entrega "A moura do castelo de Negros"


Aquí podemos atopar as novas entregas desta serie
Comentarios (0) - Categoría: vídeos en galego - Publicado o 16-10-2011 22:16
# Ligazón permanente a este artigo
Xulia fala contigo
Xulia maniféstase así:

Comentarios (0) - Categoría: eu falo - Publicado o 05-10-2011 11:28
# Ligazón permanente a este artigo
Comeza o curso 2011-2012, Descubre a verdade...a Galicia que levas dentro

Comeza un novo curso e imos traballar sobre o lema da verdade. Saber quen somos, sermos auténticos, orixinais e non avergoñarnos da nosa identidade, orgullosos da nosa forma de ver o mundo, da nosa cultura e da nosa lingua é descubrir a verdade... a Galicia que levamos dentro. Sabemos que a verdade tamén nos fará máis libres.

“A realidá existe
porque existe a palabra.
Si non sabes dicir longa é a noite
tampouco saberás que existe a alba.”

Celso Emilio Ferreiro
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 21-09-2011 23:24
# Ligazón permanente a este artigo
DE AMOR E ENFERMIDADE

Realizamos unha campaña-concurso con entrega de premios na Biblioteca de Secundaria que resultou interesante, divertida e mesmo sorprendente polo número de textos recibidos aínda que no capítulo de imaxes e cómic foi menor a participación, pero tivo calidade dabondo. Os textos,que aparecen no blog da Biblioteca, aínda que mellorables en moitos casos tamén tiveron un nivel axeitado tanto en lírica como en prosa. O tema escollido, o do amor, provocou nos autores certas incomodidades ao non poder transcender da súa realidade circundante e realizar con plena independencia un texto de ficción, sempre deixaron algo de seu nos poemas , nas cartas e nos microrelatos presentados.
Comentarios (0) - Categoría: LETRAS GALEGAS - Publicado o 10-06-2011 07:24
# Ligazón permanente a este artigo
Vídeos musicais en galego preferidos
Nunha páxina amiga atopamos esta seleción de vídeos para vela podes ir aquí.
Comentarios (0) - Categoría: vídeos en galego - Publicado o 06-06-2011 20:22
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal