NORMARÍN



O meu perfil
 CATEGORÍAS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Achegándonos a Nadal debemos saber...
En Galicia acabamos de rematar o mes de Defuntos, para nós moi importante porque estamos no país dos mortos, iso é o que en moitos contos e lendas se nos transmite. Despois deste período de tebras e purificación achegámonos ao Nadal, unha festa de fonda tradición cristiá, pero que tamén ten conexións con ritos anteriores ao cristianismo e que dalgún xeito foron amalgamados aos propios da igrexa. Galicia mantén con estas datas unha curiosa e interesante relación que pretendemos descubrir e investigar. Para comezar as nosas pescudas suxerímosvos consultar por exemplo este artigo na Galipedia E por suposto este traballo en formato de libro disco (DVD) que con carácter didáctico é unha das referencias fundamentais máis recentes para levar ás aulas a tradición de Nadal en Galicia.



Para pasar do tempo de outono cara o de Nadal mirade o que imaxinaron os do CEIP de Aguiño:



Unha chea de refráns axudan a entender este paso cara o Nadal:

Ata Navidad, nin fame nin frío pasarás.
Polo S. Andrés agarra o porco polo pé, e se non o queres matar, déixao para Navidad.
Ata o día de Nadal non é inverno de verdá.
Ata que chegue Nadal, non botes man a podar.
No S. Antón, a galiña pon; na Noiteboa, a galiña boa; na Candelaria a boa e a mala.
Se a noite de Nadal foi de luar, labra ben para sementar; se a noite de Nadal foi de escuro, sementa no terrón duro.
De Todos os Santos a Nadal, ou ben chover ou ben xear.
De Todos os Santos ata Advento, nin demasiada chuvia nin demasiado vento.

De todos os Santos a Nadal, perde a panadeira o caudal.
Polo Nadal, cada ovella no seu curral.
Polo Nadal, volta ao casal.
En Nadal, chover e nevar e escarabanar.

Navidad en domingo, vende os bois e bótao en trigo.
Navidad en venres, sementa onde puideres.

Un mes antes e un despois de Nadal é inverno de verdá.
Comentarios (0) - Categoría: O GALEGO DÍA A DÍA - Publicado o 03-12-2011 08:31
# Ligazón permanente a este artigo
Un vídeo de hai tempo para unha natureza mellor
Comentarios (0) - Categoría: vídeos en galego - Publicado o 01-12-2011 22:10
# Ligazón permanente a este artigo
Argumentando sobre o por qué é bo que os nenos /as falen galego

Un tríptico do EDLG da Escola Oficila de idiomas de Pontevedra ofrecenos unha boa selección de argumentos para aconsellar que os máis novos aprendan e usen o galego. podédes velo aquí.

Comentarios (0) - Categoría: O GALEGO DÍA A DÍA - Publicado o 24-11-2011 23:02
# Ligazón permanente a este artigo
Ironía, crítica e verdades coma puños da boca de Carlos Blanco
Comentarios (0) - Categoría: Vivir como galegos, vivir en galego - Publicado o 23-11-2011 21:42
# Ligazón permanente a este artigo
A historia da castañeta

Comentarios (0) - Categoría: ENDL INFANTIL - Publicado o 22-11-2011 08:15
# Ligazón permanente a este artigo
Para imitar : A lingua que sabe a pan
Podedes ver neste enlace un vídeo que paga a pena digno de loubanza e de imitación creativa, claro está: A LINGUA QUE SABE A PAN
Comentarios (0) - Categoría: vídeos en galego - Publicado o 14-11-2011 10:10
# Ligazón permanente a este artigo
Na procura da verdade sobre CELSO EMILIO FERREIRO
Comezamos de cara ao San Martiño, unha campaña-traballo de achegamento á figura de Celso Emilio Ferreiro no curso no que se vai celebrar o centenario do seu nacemento que pensamos desenvolver coas en colaboración co Depratamento de Galego e as titorías de ESO e Bacharelato.

Na primeira cala realizada hoxe na titoría de 4º da ESO na procura de versos que levar a Castiñeiras e para ofreceren á natureza atopamos un par de textos anacos de poemas. Un sobre o outono, o outro sobre a verdade:

Un procura a verdade
por tódolos camiños, baixo as pedras,
nas raigames escuras das olladas,
máis alá das escumas i os solpores...


Comentarios (0) - Categoría: ENDL SECUNDARIA - Publicado o 08-11-2011 23:39
# Ligazón permanente a este artigo
A historia de Castañeta.
" A castaña no ourizo quixo rir e rabioue,
caeu do ourizo embaixo, mira que traste levoue"


Nesta semana previa ao magosto os nenos e as nenas de Educación Infantil celebrarán tamén o magosto. Para preparar esta actividade Ana Rodríguez elaborou un material moi sinxelo para ir aprendendo o léxico fundamental do magosto: a castaña,o ourizo, ocastiñeiro, a árbore, o outono...

Ao rematar o magosto seguro que poderemos ver os resultados deste pequeno conto da castaña Castañeta.

Temos que dar dende aquí a benvida e a noraboa ao novo blog de infantil que se incorporou aos blogs didácticos do colexio hai uns días e onde seguro aparecerán tamén tanto información gráfica coma escrita sobre as actividades que desenvolven como, por exemplo,xa fixeron sobre a celebración do Samaín nas aulas de infantil.
Comentarios (0) - Categoría: ENDL INFANTIL - Publicado o 07-11-2011 23:15
# Ligazón permanente a este artigo
O DÍA DA CIENCIA EN GALEGO
En galego tamén se fai ciencia

Este ano celébrase o Ano Internacional da Química. Conmemórase o premio Nobel de Química concedido a Marie Curie en 1911 polo seus descubrimentos dos novos elementos Radio e Polonio. Marie Courie é a primeira persoa que recibe dous premios nobeis (de Física e Química), e posteriormente só houbo outra persoa. É a primeira muller que recibe un premio Nobel, é a primeira muller que dá clases na Universidade da Sorbona,… sendo que fai os seus descubrimentos estando fóra da Universidade, antes de que sexa nomeada profesora, e tendo dúas fillas (unha deles premio Nobel, tamén).


Comentarios (0) - Categoría: O GALEGO DÍA A DÍA - Publicado o 04-11-2011 19:07
# Ligazón permanente a este artigo
Tempo de recolleita
Un vídeo sobre o asunto da recolleita:
Comentarios (0) - Categoría: vídeos en galego - Publicado o 22-10-2011 08:53
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal