NORMARÍN



O meu perfil
 CATEGORÍAS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Falece Neira Vilas
Neira Vilas, un autor do que gardamos unha grata memoria, como lectores a gradecidos e coñecedores de perto da súa cordialidade e dos seus valores como persoas, xa que visitou en distintas ocasións o noso centro nos últimos anos.

Este curso, como cabe esperar, faremos memoria do seu aporte ás Letras Galegas e procuraremos que estea presente nas aulas do San Narciso como ben o merece un autor tan próximo a nós ao que tratamos e lembramos con cariño.
Comentarios (0) - Categoría: O GALEGO DÍA A DÍA - Publicado o 29-11-2015 20:33
# Ligazón permanente a este artigo
Que che parece esta proposta?
Comentarios (0) - Categoría: O GALEGO DÍA A DÍA - Publicado o 23-11-2015 20:44
# Ligazón permanente a este artigo
E ti de quen vés sendo?
Unha pescuda sobre a nosa orixe ten que ver tamén cos apelidos de noso.

Comentarios (0) - Categoría: COUSAS DA LINGUA - Publicado o 20-11-2015 06:54
# Ligazón permanente a este artigo
ELIXIO RIVAS QUINTAS, exsecretario do San Narciso
Elixio Rivas Quintas, quen fora secretario do Colexio San Narciso en Marín, veu estes días facer unha visita (agora reside en Ourense) e cos seus 90 anos un dos lexicógrafos máis importantes da nosa lingua. Unha persoa tan próxima que ben merece tela presente á hora de realizar calquera traballo de normalización na nosa contorna. É unha das nosas fontes de documentación, mais tamén un exemplo de compromiso coa lingua pois a recuperación da onomástica a toponimia tradicionais son unha parte importante do proceso de normalización lingüística.



UN DOS SEUS MONUMENTAIS TRABALLOS: TOPONIMIA DE MARÍN

Da súa tese doutoral editada (un estrato dunhas 400 páxinas) no ano 1982 como anexo 18 do Anuario Galego de Filoloxía da Universidade de Santiago de Compostela imos transcribir a continuación algunha das súas valiosas reflexións tiradas da Introdución á mesma:

" O campo da toponimia está, na súa meirande parte, por explorar. É unha parcela do saber fascinante e prometedora, aínda que difícil e aventurada; e isto non só pola súa propia natureza, senón tamén pola escaseza de traballos de vangarda.

O obxecto, os nomes de lugar, existe en calquera punto na que a pegada do home se asentase. Poucos lugares da Terra, sen embargo, presentarán tal plétora por km2 como Galicia. Se os chamados topónimos maiores sobre pasan os 35.000, os coñecidos por menores e que nada difiren intrinsecamente dos outros, deben de roldar o millón e medio. Descontada a lingua común, non temos acervo de tal consideración en ningún outro aspecto da cultura. E é tanto máis importante o examinalo sen demora, canto que, en transo de perderse, trátase da palabra do home, reflexo e suma da súa alma, e manifestación do seu paso por esta terra galega. É unha pegada estereotipada que se borra día a día; sen a toponimia prerromana, quedariámonos de súpeto, sen un monumento arqueolóxico tan importante como as mesmas mámoas e castros."

No ano 2013 xa recibiu un recoñecemento en Marín
Comentarios (0) - Categoría: BEN FALADO - Publicado o 15-11-2015 14:01
# Ligazón permanente a este artigo
Os últimos Premios Nacionais de Literatura

Os Premios Nacionais de Literatura que outorga o Ministerio de Educación e Cultura veñen sendo unha confirmación, por paradóxico que pareza, da nosa capacidade creadora.

Así ao pouco de comezar o presente curso 2015/16 aquí temos unha vez máis unha mostra do que dicimos:
LEDICIA COSTAS na categoría de Literatura Infantil e Xuvenil

GONZALO HERMO na categoría de poesía xoven

O caso de Ledicia Costas é unha autora que estivo recentemente no noso centro con motivo da lectura dunha das súas últimas creacións.
Comentarios (0) - Categoría: O GALEGO DÍA A DÍA - Publicado o 02-11-2015 14:06
# Ligazón permanente a este artigo
Para rematar con sentido crítico o curso
Rematamos o curso coa representación dunha montaxe que dalgún xeito recolle nun nobelo o fío que fomos devalando ao longo deste ano.

Obra: MULLERES QUE NON SÓ FIARON LÁ.

Adaptación a partir de textos clásicos de Sófocles, Eurípides e Aristófanes, recreando ademais varios mitos gregos. Foi froito dun traballo sobre o sentido crítico na aula de Cultura Clásica e Galego de 4º ESO. Unha viaxe ao mundo feminino da Grecia Antiga visto cunha visión crítica dende o século XXI para aportar unha reflexión sobre a liberación da muller ao longo dos séculos.

REPARTO:
Mulleres que non só fiaron lá:
ANSEDE GONZÁLEZ, LIDIA que será Pandora e Penélope.
ANTÓN FERNÁNDEZ, CARMEN que será unha Moira, Hécuba e Lisístrata.
GÓMEZ PEÓN, NEREA que será troiana e Ismene.
LOIRA HERMIDA, ÚRSULA que será outra Moira, Antígona e Calónice.
MALVIDO CURRÁS, DIANA que será a terceira das Moiras, troiana e ateniense.
PAZOS RIVERA, ALBA que será Andrómaca e Mirrina.
RODRÍGUEZ GARCÍA, AINHOA que será Ariadna e troiana.
SINEIRO QUIROGA, CRISTINA que será Casandra e ateniense.

No papel dos homes amigos das guerras:
COSTAS COUSO, EDUARDO que será Menelao.
PÉREZ LESENDE, FRANCISCO que será Ulises.
VILAS GESTIDO, ALBERTO que será Polinices, fillo de Edipo.
VILAS MARIÑO, IVÁN que será Teseo e Etéocles o outro fillo de Edipo.


Escenografía: DARÍO SUÁREZ E TERESA GONZÁLEZ E ALUMN@S DE 4ºESO.
Luces e son: JORGE GARCÍA e AITOR LOIRA.
Perruquería e vestiario: ANDREA VILLEGAS e ANDREA ARIAS.
Música: Guadi Galego: Matriarcas, Santa muller e Norte do norte.

Dirección: HÉCTOR M. SILVEIRO FERNÁNDEZ
Comentarios (0) - Categoría: O GALEGO DÍA A DÍA - Publicado o 18-06-2015 00:09
# Ligazón permanente a este artigo
O Himno Galego está vivo.
Na final de baloncesto entre o CB BREOGÁN de Lugo de Lugo e o CB OURENSE.

Comentarios (0) - Categoría: Vivir como galegos, vivir en galego - Publicado o 02-06-2015 06:59
# Ligazón permanente a este artigo
UN RAP PARA PRIMARIA
Unha proposta para aprender con motivo das Letras 2015:



Recentemente como preámbulo tivemos unha visita moi especial, a de Manuel Rivas

Ademais de lembrar algo que xa coñecemos, pero que segue molando:

Comentarios (0) - Categoría: ENDL PRIMARIA - Publicado o 15-05-2015 05:56
# Ligazón permanente a este artigo
EN GALEGO TAMÉN OS MÁIS PEQUENOS
Un vídeo para os máis cativos.

Comentarios (0) - Categoría: ENDL INFANTIL - Publicado o 15-05-2015 05:51
# Ligazón permanente a este artigo
LETRAS 2015




Diversas propostas da Coordinadora de EDLG:

ollos de auga

17 x 17
Comentarios (0) - Categoría: LETRAS GALEGAS - Publicado o 12-05-2015 00:43
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0