NORMARÍN



O meu perfil
 CATEGORÍAS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

IRMANDADES DA FALA HOXE
A LINGUA GALEGA:


As Irmandades da Fala na rúa: a Lingua Galega from Illa Bufarda on Vimeo.



A IDENTIDADE:

As Irmandades da Fala na rúa: identidade from Illa Bufarda on Vimeo.



A FALA:

iFala from Illa Bufarda on Vimeo.


Comentarios (0) - Categoría: O GALEGO DÍA A DÍA - Publicado o 28-05-2016 09:47
# Ligazón permanente a este artigo
Bo día das Letras de Manuel María!


Xa sabedes que Manuel María é un poeta moi popular entre outras cousas por libros tan marabillosos como Os soños na gaiola dos que os nosos nenos/as de Primaria interpretaron así estes versos lembrando a Manuel María
Comentarios (0) - Categoría: LETRAS GALEGAS - Publicado o 17-05-2016 10:05
# Ligazón permanente a este artigo
Achegándose as Letras ao Morrazo
Comentarios (0) - Categoría: O GALEGO DÍA A DÍA - Publicado o 14-05-2016 09:41
# Ligazón permanente a este artigo
Recursos sobre Manuel María
Podemos encontrar na rede recursos para as Letras Galegas do 2016 dedicadas a Manuel María.

Na Casa Museo Manuel María.

Na Coordinadora de Equipos de Normalización.

Nos nosos blogs: blogalizando. ou narciblog ou tamén en víchelo.
Comentarios (0) - Categoría: LETRAS GALEGAS - Publicado o 09-05-2016 07:00
# Ligazón permanente a este artigo
sobre a tradición nun programa do 1974


Anos despois pasaban cousas coma estas:



E finalmente se van recuperando os seráns:

Comentarios (0) - Categoría: tradición oral - Publicado o 19-04-2016 00:04
# Ligazón permanente a este artigo
Imos coas zocas na procura de Manuel María
Comentarios (0) - Categoría: LETRAS GALEGAS - Publicado o 17-04-2016 22:41
# Ligazón permanente a este artigo
QUE A LINGUA TE ACOMPAÑE !!

Acabamos de saber que a primeira película da saga QUE A LINGUA TE ACOMPAÑE! vai ser protagonizada por Rosalía de Castro que interpretará o papel da propia Rosalía.

Estamos impacientes xa por ver o adianto que se espera se faga público en cuestión de días.

Ábrese un prazo para elaborar un guión para a mesma que deberá estar baseado, como é lóxico, na Historia da nosa Lingua.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 23-02-2016 23:22
# Ligazón permanente a este artigo
Hoxe comezamos co 90 aniversario do Colexio
Hoxe comeza a celebración do 90 aniversario do Colexio San Narciso dos Padres Paúis en Marín. Os actos previstos para hoxe son unha misa solemne na igrexa de Sta. María do Porto ás 19,30, moi perto de onde estaba situado o antigo Colexio, hoxe Parque do P. Eguren (un dos Padres Paúis que pasaron polas nosas aulas de máis nome). Moito é o que ao longo destes 90 anos os Paúis deron, singularmente un labor calado e paciente de formación a xeracións e xeracións de marinenses e pontevedreses.

O outro acto que terá lugar ás 20,30 no Museo Torres terá como protagonista outro paúl realmente destacable polo seu vencello con Marín. Trátase do Elixio Rivas Quintas que vai facer entrega ao Concello do orixinal do seu voluminoso traballo sobre a Toponimia de Marín. Un acto entrañable, simbólico e de singular importancia para o patrimonio da nosa localidade xa que o propio Concello vai realizar unha dixitalización do traballo para que teñan un fácil acceso aos seus contidos investigadores e público en xeral. O traballo realizado por Elixio Rivas foi obxecto da súa tése de doutoramento. Aínda que foi publicado un extracto na revista Verba da Facultade de Filoloxía da Universidade de Compostela, unha gran parte permanece inédito e de aí a gran relevancia que ten este acto.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 25-01-2016 07:46
# Ligazón permanente a este artigo
Achégase o día da estrea: onde van?

Comentarios (0) - Categoría: O GALEGO DÍA A DÍA - Publicado o 19-01-2016 20:30
# Ligazón permanente a este artigo
ADOLFO CAAMAÑO GAÑA O PEDRÓN DOURO DE NARRACIÓN
Unha nova que nos traía esta entrada de ano é un novo premio literario que acada o noso profesor Adolfo Caamaño. Trátase do premio Pedrón Douro de relato breve, o premio desta categoría máis vello de Galicia e que ten premiado a grandes homes e mulleres das nosas letras nestas últimas décadas.

Adolfo Caamaño xa leva sendo recoñecido e distinguido en distintas convocatorias como un autor destacado dentro da narrativa actual en galego. Alegrounos sobremanera este premio ao seu traballo porque na confianza e proximidade que nos permite traballar xuntos, Adolfo forma parte do Equipo de Normalización do noso centro, coñecemos a valía literaria e persoal do noso compañeiro.
Comentarios (0) - Categoría: O GALEGO DÍA A DÍA - Publicado o 14-01-2016 06:54
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0