NORMARÍN



O meu perfil
 CATEGORÍAS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Algunha curta para estes días
As muxícas
Comentarios (0) - Categoría: O GALEGO DÍA A DÍA - Publicado o 15-12-2016 06:15
# Ligazón permanente a este artigo
Un vídeo co que nos sentimos identificados


Unha fermosa e contundente forma de que o galego fale!!!
Comentarios (0) - Categoría: vídeos en galego - Publicado o 21-11-2016 23:17
# Ligazón permanente a este artigo
Chover e as 100 palabras
Podemos saber algo destas 100 maneiras de chover
Comentarios (0) - Categoría: O GALEGO DÍA A DÍA - Publicado o 21-11-2016 21:47
# Ligazón permanente a este artigo
MAGOSTO PRIMARIA
Comentarios (0) - Categoría: ENDL PRIMARIA - Publicado o 11-11-2016 07:16
# Ligazón permanente a este artigo
En galego porque é de xustiza!
O GALEGO É UNHA IMPOSICIÓN?
Seguro que cando se reclama que as Matemáticas se estuden en galego, hai alguén que pensa que iso é "unha imposición". Pero esas persoas, como a maioría, non repara que o mundo está cheo de imposicións. Por exemplo, se imos ao cine temos que pagar unha entrada, iso é unha imposición. Tamén é unha imposición que teñamos que ver películas no cine exclusivamente dobradas ao castelán e non ao galego (aínda que case ninguén se percata de que igualmente é outra imposición).

Cando se nos di que o galego é unha lingua imposta sempre debemos lembrar os problemas de perspectiva que unha sociedade pode sufrir.

Suxerimos entón a lectura dun capítulo do libro EN GALEGO, por que non? de Manuel Núñez Singala. Podemos atopar algo como isto:

Imaxina esta escena: Un neno está nun cuarto, en pixama e zapatillas, xogando a un videoxogo. De súpeto ábrese a porta e outro neno achégase a el, e arrebátalle os mandos do videoxogo, e non só iso, senón que lle esixe tamén que lle dea o pixama e as zapatillas.

Que pensas desta situación? Como a catalogarías?
Semella ser un neno que trata de impoñer a súa autoridade sobre outro, un neno un tanto abusón ou autoritario.

Pero o autor, a continuación, dinos que esta escena era só a escena final dunha historia máis complexa que comezou moito antes.


" Un neno volve á súa casa despois de saír do colexio, e vai correndo ao seu cuarto porque lle apetece xogar a un videoxogo. Cando chega alí a súa sorpresa é enorme, outro neno está xogando co seu equipo, vestido co seu pixama e calzado coas súas zapatillas. A súa primeira reacción é de estupor, non o pode crer. Daquela baixa a falar cos seus pais. Eles dinlle que tampouco o entenden, que o neno chegou e instalouse, sen dar máis razóns. O neno sobe de novo ao seu cuarto e arrebátalle os mandos do videoxogo...

O feito de ampliar a información serviu para darlle un xiro á situación."

Como dixo A. Einstein ?Ti non podes resolver un problema coa mesma mente que se creou.?

Fíxate nas dúas imaxes adxuntas a esta entrada, se vemos a primeira teremos unha visión parcial e ben distinta que se observamos logo a segunda obtendo unha maior perspectiva, dándolle un xiro á situación imaxinada no momento que cambiamos de óptica.

Co galego pasou algo semellante ao da escena do neno. Seguimos coas palabras de Núñez Singala:

"Con frecuencia só somos conscientes da escena final, e esquecemos -ou ocúltannos- a historia completa. O galego orixinouse en Galicia, e foi a lingua da totalidade da poboación na Idade Media durante varios centos de anos. Despois, por cuestións que son ben coñecidas, veu instalarse o español ao noso territorio, e moitas veces pola forza. O galego non se pode impoñer, do mesmo xeito que o neno que sobe ao seu cuarto non aceptaría que a devolución das súas cousas fose considerada unha imposición ao intruso que se instalou na súa casa.

En ambos casos, o do neno e o do galego, trátase máis ben dunha recuperación, non dunha imposición.

Agora hai que preguntarse: Por que prospera nalgúns a idea de que o galego é unha lingua que se está impoñendo?

Simplemente porque para que o galego recupere usos, o español ten que perdelos. Isto é así e non pode ser doutro xeito. O terreo qu eun gaña teno que ceder o outro. Pero de aí a dicir qu ese tratat dunha "imposición" hai unha gran distancia. As sociedades democráticas réxense por leis que eleboran os representantes elixidos polo pobo par aiso. A recuperación do galego ten uns importantes fitos oficiais na aprobación da Constitución española , no ano 1978, e no Estatuto de Autonomía, en 1981, na lLei de Normalización Lingüística, no ano 1985, e na aprobación, no ano 2004, do Plan Xeral de Normalización Lingüística. Sobre as primeiras leis fundamentais houbo referendos, ou sexa, que as votaron directamente todos os cidadáns que quixeron. E as dúas normas segundas foron aprobadas no Parlamento de Galicia, as dúas por unanimidade de todos os deputados pertencentes ás distintas forzas con representación parlamentaria. É iso unha imposición?

Se opinas que si deberías admitir que todas as outras leis, desde o código civil ata o de circulación, son imposicións. E o mesmo ocorre coa "imposición" de estudar galego. Todas as materia sdo currículo son impostas, dende a física ata as matemáticas, impostas polas autoridades educativas do goberno democraticamente electo. En realidade, desde ese punto de vista, o mundo está cheo de imposicións, xa que eu non teño a liberdade para coller o coche do meu veciño nin para entrar no cine sen pagar, nin para edificar a miña casa na propiedade qu eme dea a gana. As leis, as normas en xeral, impoñen unha orde que se considera adecuada para a convivencia. por fortuna existen esas imposicións que nos fan a vida soportable.

Resulta desenmascarador que aqueles que claman contra a imposición e enchen o peito con palabras como liberdade, bilingüismo e harmonía só se deixen oír nos casos en que o galego comeza a asomarse á igualdade co español. Nada din das moitas outras situacións nas que o galego simplemente non ten presenza ningunha. Cando un galegofalante poderá ler as instrucións dos electrodomésticos no seu propio idioma ou os prospectos dos medicamentos ou as ofertas do supermercado ou os folletos das axencias de viaxes ou as cartas nos restaurantes...? Son dereitos que os que falan español xa teñen. Cando un galegofalante poderá ser a oferta de libros, revistas, xornais, películas no cinema ou canles de televisión que teñen os que falan español? ë inútil seguir, pois todos sabemos que a lista sería moilonga. Dicir que a lingua que está en clarísima desvantaxe está sendo omposta é tanto como afirmar que os paxaros se tiran ás escopetas.

E non esquezamos que o galego non ´so é a lingua propia de Galicia, senón que sempre o foi, e segue a ser, o idioma maioritario deste país. Tamén é oficial o español, e cómpre respectar os dereitos dos que optan por vivir en galicia nesa lingua. Pero se non queremos crear unha Galicia con dúas comunidades que vivan de costas unha á outra, e enfrontadas pola cuestión da lingua, é imprescindible que todos coñezamos e teñamos competencia en ambas as dúas linguas.
E para iso un sistema educativo que asegure a competencia nas dúas linguas oficiais é imprescindible. Por outra banda, non creo que haxa ningún galegofalante que non saiba falar español, e si hai unha certa cantidade de falantes de español incapaces de expresarse en galego. Esta é a desigualdade que cómpre corrixir."




Comentarios (1) - Categoría: 15 ANOS DO ENL - Publicado o 11-11-2016 07:06
# Ligazón permanente a este artigo
Sobre a revista Papagaio!



Botádelle un ollo a esta iniciativa da revista Papagaio! Unha especie de xornal en papel para a a xente miúda que traballa en galego, claro está, e sobre a que podedes saber máis aquí.
Comentarios (1) - Categoría: O GALEGO DÍA A DÍA - Publicado o 03-10-2016 19:46
# Ligazón permanente a este artigo
Pola lingua, pola vida, é de xustiza!


Para saber máis sobre este proxecto apego.gal
Comentarios (0) - Categoría: vídeos en galego - Publicado o 28-09-2016 18:23
# Ligazón permanente a este artigo
O galego no metro de LONDON
Seica nun anuncio publicitario do metro de Londres escolleuse o galego entre os 17 idiomas nos que se realiza o vídeo. Podes velo neste diario
Comentarios (0) - Categoría: O GALEGO DÍA A DÍA - Publicado o 24-09-2016 08:09
# Ligazón permanente a este artigo
Unha nova páxina sobre a Historia de Galicia
Para poder consultar unha chea de cousas referidas a nosa historia. Unha visión fresca da historia dende Galicia.
Comentarios (0) - Categoría: SOBRE A NOSA HISTORIA - Publicado o 23-06-2016 06:32
# Ligazón permanente a este artigo
Un relato de Suso de Toro
A voltas coa onomástica en galego. Suso de Toro fixo un relato moi interesante para poder tratar o tema e relacionalo co asunto dos prexuízos lingüísticos.


Comentarios (0) - Categoría: Vivir como galegos, vivir en galego - Publicado o 28-05-2016 19:13
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0