Estamos preparando unha campaña de incorporación ás actividades do EDLG destinada a rapaces e rapazas de Secundaria do San Narciso. O noso traballo ten como obxectivo ampliar os espazos e situacións nas que o galego sexa lingua de uso entre os mozos e as mozas.
Imos invitar a implicarse en actividades como a revista ou as dramatizacións ou as aplicacicións TIC en galego ou mesmo a encontros coa lingua como pretexto para falar de música, cinema ou ciencia..., para dinamizar a un grupo máis amplo nesta utilización natural do noso idioma. |