NORMARÍN



O meu perfil
 CATEGORÍAS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

UN DÍA DE MAGOSTO: Homenaxe a Uxío Novoneyra
Este ano o tradicional magosto que o Colexio San Narciso celebra no Lago de Castiñeiras, unha xornada de convivencia e posta en común de actividades didácticas variadas, incluía ademais das consabidas castañas asadas e dos xogos populares e danzas ao son das gaitas, unha homenaxe moi especial ao Uxío Novoneyra, o poeta do Caurel que mellor cantou ao Outono e ao que se lle dedicaron as Letras Galegas do 2010.
A homenaxe consistiu na creación dun macropoema do autor titulado ?Cain as follas? e que foi confeccionado con centos e centos de follas naturais multicolores que foron formando os versos do poema:

?Caín as follas
sinto unha cousa
que se apousa en min
e non me toca.
E chove pra que eu soñe,
pra que eu soñe,
falar á tarde baixiño.?

Esta actividade está relacionada coa campaña do Plan Lector do Centro denominada ?Outono da diferenza? que partía da Biblioteca onde ?naceron varias árbores cargadas de follas DIN?A4, cheas de poemas en diversas linguas? e remataba ao pé da Lagoa de Castiñeiras coa creación, con follas de verdade, dun POEMA XIGANTE dun escritor da nosa Terra. Proposta polo Equipo de Normalización Lingüística están implicados distintos departamentos (DACE, Lingua, Plástica) e foi precisa a participación de xeito activo tanto de profesores como de alumnos/as de todos os cursos.
Non foi a única experiencia novidosa, tamén se puxo en marcha un concurso fotográfico "unha imaxe vale máis que mil castañas" sobre o Magosto e houbo ademais unha entrega dos premios do anterior concurso o das cabazas de Defuntos, celebrado días atrás. Nestas propostas didácticas participaron os distintos cursos de Secundaria (ESO e BACHARELATO).
Comentarios (0) - Categoría: ENDL SECUNDARIA - Publicado o 29-11-2010 05:58
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0