|
|
|
VI XORNADA DE NORMALIZACIÓN |
|
O día 19 de novembro celebrouse a VI Xornada de Normalización e Dinamización Lingüística organizadas por Escolas católicas de Galicia. Foi unha xornada que contrinuíu a rachar tópicos coo veredes.
Na inauguración non estivo presente, por vez primeira, o titular da Secretaria Xeral de Política Lingüística da Xunta, Anxo Lorenzo.
Na primeira das charlas de Henrique Monteagudo centro a súa conferencia en amosar como dende os anos 80 a caída de falantes de galego por sectores de poboación establecidos por idade, estancouse. Pero aínda temos a apreciación de que hai unha tremenda debacle ao mirar cara o pasado a causa de que estamos sufrindo dalgún xeito o peso da perspectiva de perda de falantes que foi xestada durante a etapa do Franquismo ( é dicir, onde realmente senota a perda de falantes constante e sen parada é entre as persoas educadas neste período). Debemos pois ir pensando que o século XXI presentará non unha situación na que os galego falantes sexan máis do 50% da poboación, como o viña sendo ata o de agora grazas á poboación máis vella fundamentalmente. Por iso é importante contruir un discurso na defensa da lingua que non estea baseado no xa tópico argumento de que é o idioma da maioría da poboación. Fixo logo unha pequena chamada de atención aos docentes no sentido en que o reto está en que a xente nova fale o galego , expresión oral, e que se pense en estratexias para alumnos/as que comezan a falar o galego , que son só castelán falantes e deben achegarse ao galego non como falantes bilingües.Deben pois pasar por ese proceso de coñecer o galego, pero sobre todo estar motivados ( cousa que non se valora moitas veces) e proporcionarlle ao alumnado ocasións de uso.
A seguinte das calas foi especialmente insistente na ruptura de tópicos. Xurxo Souto falou da súa experiencia nun medio, na Radio. Comezou dicindo que era necesrio rachar con tópicos moi nocivos e completamente falsos. O galego non vende e logo a campaña de "vivamos como galegos" ou a campaña electoral que é a máis efectiva das campañas de publicidade non vai en galego mesmo en políticos que non usan o noso idioma como Rajoi?. Outro dos tópicos foi o que demostrou que na TVG os programas ben feitos con materia e protagonistas galegos funciona: Galicia sitio distinto de Antón Reixa (ano 1987 no que Xurxo tivo a sorte de participar)ou programas ben feitos como o Luar, ben feitos para un sector da poboación de maior idade, claro está, pero que foi quen de poñer nun escenario aos noso vellos e vellas cos cantos tradicionais grazas a Mercedes Peón entre outras cousas, rachando coa inercia dunha televisión na que só tiñan cabida as "vellas glorias de la canción española".
Logo veu o seu programa na cadea ser da Coruña, onde volveu a esfarelarse outro dos topicazos " A Coruña non fala galego" cando é a cidade de Galicia onde hai maior porcentaxe de galegofalantes. Todo o extraradio da Coruña é galego falante. O seu programa comezou a ser o referente dos galegofalantes da cOruña e de estar pensado para a mocidade, pasou a ser escoitado por todo tipo de ointes: percebeiros, xubilados, descubrindo a xoegrafía urbana da Coruña os que procedían de Lugo os de Ourense ou os da Costa da Morte.
Veu logo a etapa como Director de programas da Radio Galega e un programa para música só en galego na que non daba feito. Hai música e esta música que se fai na Coruña ou en Vigo faise en galego e faina xente moza, logo o galego segue a ser unha ferramenta útil neste sector da poboación que precisa proxección e experiencias de intercambio entre cidades por exemplo concertos conxuntos Vigo-Coruña. Como conclusión sempre que se faga ben, bos produtos culturais. bos contidos, o idioma lonxe de ser un tope é un elemento que multiplica a potencialidade do éxito. O galego é un idioma de éxito en Galicia.
A sesión da tarde, despois dunha charla sobre o proceso de normalización en Euskadi con cantidade de datos , pero con outros tantos problemas técnicos á hora de expoñelos ( vídeos e demais) centrouse en experiencias de creación de Radio Escolar (unha en Ourense e outra na Coruña). Explicaron os pormenores os programas que se usan e como se pode colgar na rede un programa de Radio, ou como a través dunha Radio Comunitaria se poden realizar programas de radio feitos polos alumnos/as.
Para rematar unha pequena intervención musical por parte do grupo de Música Antiga Meendinho con cantigas de amigo da nosa lírica medieval. |
|
|
|
Deixa o teu comentario |
|
|
|