A Exposición sobre os 15 anos do Equipo de Normalización (ENDL) que leva o título xenérico de "O CAMIÑO QUE NOS IDENTIFICA" está situada na entrda principla do centro coa idea de que o conxunto da Comunidade Escolar do San Narciso se faga eco desta celebración da que todos os seus membros forman parte efectiva. Son varios paneis que van facendo memoria curso a curso dos principais pasos dados e das máis chamativas accións do Equipo de Normalización tanto en Infantil e en Primaria, como na ESO e Bacharelato dende o ano da súa creación (1994) ata o día de hoxe (curso 2009/2010).
Podedes ver tamén o Chan do Monte dixital nº 0 que está colgado na web do Colexio onde aparecen todos os paneis da Exposición, ademais doutros suxestivos artigos. |