Tal día como hoxe constituíase o Equipo de Normalización do noso centro e dende aquela como adoita dicirse xa choveu, que vén sendo un xeito de dicir que pasou moito tempo, pasaron moitas cousas, fixemos bastantes cousas, ao mellor non todo o que quixaramos, pero sempre hai que deixar algo de ilusión para o futuro. Escollemos para celebralo unha Exposición que se titula: O CAMIÑO QUE NOS IDENTIFICA: 15 anos do Equipo de Normalización. Que poderedes ver estes días do final de curso, unha vez rematado maio, o mes das Letras, e retirada a Exposición do Uxío Novoneyra. |