NORMARÍN



O meu perfil
 CATEGORÍAS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

HOMENAXE A ELIXIO RIVAS ARREDOR DA RECUPERACIÓN DOS TOPÓNIMOS DE MARÍN



Onte 21 de xuño tivo lugar no noso centro unha homenaxe histórica ao irmán paúl Elixio Rivas Quintas na que contamos coa presenza no Colexio SEI San Narciso tanto do Presidente da Real Academia Galega, Víctor Fernández Freixanes como do Secretario Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia Valentín García Gómez que coñeceron de primerira man o traballo realizado este curso que partía dunha homenaxe activa ao autor do primeiro traballo de toponimia local titulado Toponimia da Marín, a tese doutoral de D. Elixio. Tivemos ocasión de escoitar as súas palabras grazas a unha cariñosa mensaxe gravada no Santiuario do Milagres de Baños de Molgas que nos fixo chegar para estar dalgún xeito presente nesta homenaxe.

No acto ademais de homenaxear a figura de Elixio presentamos o reto da xeolocalización dos topónimos que levamos a cabo a partir da existencia da plataforma Galicia Nomeada, unha aplicación que a iniciativa da Real Academia Galega e co apoio da Xunta De Galicia permite ubicar os topónimos e subilos á rede. Para realizar este traballo desde Infantil ata Primaria realizamos unha recolleita dos nosos topónimos contando coa participación das familias do noso centro, algo que entendemos como fundamental para a posta en valor desta parte esencial da nosa tradición oral. Finalmente propuxemos compartir esta proposta derecuperación toponímica aos demais centros educativos e aos entes culturais do concello, algo que puxemos en marcha coa colaboración do Concello de Marín motivo polo cal tamén estiveron presentes unha nutrida representación da corporación municipal. No acto escolar estiveron a Alcaldesa María Ramallo, a concelleira de Cultura Beatriz Rodríguez, ademais de Itzíar Álvarez como encargada do Museo Torres e o concelleiro de Medio Rural Pablo Novas Cabaleiro nel expuxemos en detalle as distintas actividades que se foron realizando nas aulas para concretar esta experiencia a través de distintos vídeos e que rematamos cunha dramatización realizado polos alumnos/as de 2º da ESO sobre a Historia de Marín e os seus topónimos.
FALANDO DA TOPONIMIA DE MARÍN


Hai distintas crónicas que recollen a actividade desde distintas ópticas:
O PORTAL DA LINGUA DE POLÍTICA LINGÜÍSTICA DA XUNTA

REAL ACADEMIA GALEGA

TOPONIMIA XUNTA.GAL

TOPONIMIA DE GALICIA. NOVAS

FARO DE VIGO

Carriola de Marín
Comentarios (0) - Categoría: O RETO DOS 1000 TOPÓNIMOS DE MARÍN - Publicado o 22-06-2021 06:00
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0