Unha nova que nos traía esta entrada de ano é un novo premio literario que acada o noso profesor Adolfo Caamaño. Trátase do premio Pedrón Douro de relato breve, o premio desta categoría máis vello de Galicia e que ten premiado a grandes homes e mulleres das nosas letras nestas últimas décadas.
Adolfo Caamaño xa leva sendo recoñecido e distinguido en distintas convocatorias como un autor destacado dentro da narrativa actual en galego. Alegrounos sobremanera este premio ao seu traballo porque na confianza e proximidade que nos permite traballar xuntos, Adolfo forma parte do Equipo de Normalización do noso centro, coñecemos a valía literaria e persoal do noso compañeiro. |