Do 24 de febreiro ao 8 de marzo.
Con motivo do aniversario do nacemento de Rosalía e na procura dunha continuidade con outras experiencias anteriores os rapaces e as rapazas de Bacharelato, tras unha intervención en base ao tema Matriarcas de Guadi Galego, no primeiro trimestre acordan achegarse agora á Rosalía protofeminista, procurando na súa obra atopar esa condición de muller. De aí que nese proceso de busca de citas van tentar chegar ás cincuenta. De paso realizando unha chiscadela crítica xogando co título dunha coñecida novela e película que anda na boca da xente, neste curso que ten por lema "o sentido crítico" demos pois luz a este proxecto das cincuenta sombras de Rosalía. |