Varias montaxes, unha por titoría, realizamos o venres pasado día escolar pola Paz e a non Violencia.
Comezamos cunha microrepresentación teatral dun momento das Troianas de Eurípides realizado polos alumnos/as de 4º da ESO de Cultura Clásica.
Houbo dende poemas digamos clásicos como o titulado Irmaus de Celso Emilio en 1º ESO B. Montaxes colectivos como os de 1º ESO A ou 2º da ESO sobre a violencia verbal. Tamén os de 3º da ESO realizaron unha especie de fórmula para teatral onde a palabra e as accións do grupo serviron para exteriorizar de xeito colectivo a nosas reflexións sobre a problemática da violencia no acoso escolar ou na violencia verbal.
Os grupos de 4º realizaron un breve audiovisual recadando opinións sobre o tema entre os distintos compañeiros/as do curso. Finalmente os alumnos/as de Bacharelato tamén realizaron unha montaxe audiovisual con tema da resistencia feminista conta a violencia de xénero.
Rematamos coa construción dunha árbore da Paz e dous debuxantes de 3º, Jacobo e Raquel, realizaron unha reprodución das pombas da paz de Picasso en directo e, como non, cantando unha das cancións mundialmente asociadas á non violencia e a Paz:Imagine de J. Lenon. |