NORMARÍN



O meu perfil
 CATEGORÍAS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

De marzo para abril con Manuel Álvarez Torneiro
O outro día, día mundial da poesía recitabamos:

"Excítanme eses días
de flores sen alcance...
e marzo que aínda insiste
en debuxar con xiz as ameixeiras..."

Manuel Álvarez Torneiro, Os ángulos da brasa


Aproveitamos esta data da primavera para coñecermos mellor a un poeta humilde, Manuel Álvarez Torneiro:



Escoitemos logo un seu poema, Habitante único:



Este poeta humilde foi o último Premio Nacional de Poesía 2013 polo seu último libro "Os ángulos da brasa",do que dicía:«Penso que este libro non é un produto estándar, nin frívolo, nin lúdico, nin simplista, que incide nunha realidade que é tan persoal como plural». O premio concedido polo Ministerio de Educación, Cultura e Deporte para distinguir a obra de autor español escrita en calquera das linguas oficiais do Estado e editada en 2012. Está dotado con 20.000 euros.

Manuel Álvarez Torneiro (A Coruña, 1932 traballou durante moitos anos no ámbito do xornalismo, especialmente no xornal a Voz de Galicia, mantivo unha actividade poética ininterrumpida desde o seu debut tardío coa obra Memoria dun silencio (1982).
A súa traxectoria inclúe os títulos Rigorosamente humano (1995, Premio Esquío); Luz de facer memoria (1999, Premio González Garcés e Premio da Crítica); Campo segado (2001); Epicentro (2003); Setembro Stradivarius (2004); Parábola do incrédulo (2006) e Os ángulos da brasa publicado en 2012 na colección Tambo de Factoria K da editorial pontevedresa Kalandraka. Este poemario obtivera xa o Premio da crítica de poesía en lingua galega e o Premio Ánxel Casal. Escoitemos de novo ao poeta pouco despois de recibir o premio nunha biblioteca da Coruña:



Abril é penetrante ata drogar
a saúde que teño
a salvo nas palabras...


Tamén o podemos escoitar nunha microentrevista agora que vai comezar abril: tamén podemos ler este poema e algun outro na páxina da editorial Kalandraka.
Comentarios (0) - Categoría: O GALEGO DÍA A DÍA - Publicado o 27-03-2014 20:32
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal