Nós lembramos algunhas das tradicións máis emblemáticas do noso Nadal do 24 de decembro ata o 6 de xaneiro:
-24 Nadal: Noiteboa
-Tizón de Nadal
-Bacallau e pan de noces
-Roldas de paxoliñas,vilancicos e a misa do galo.
-Nadais e aguinaldos -28 de decembro: Santos Inocentes e outras trasnadas. -31 de decembro: Noitevella.
-Lumeiras e o Apalpador.
-Aninovos e Manueles. -5 Noite de Reis
-Cantos e Danzas de Reis (Fin do mundo,
reixes do Cebreiro? precedentes do Entroido)
Pero de onde saíron a Arboriña de Nadal e Papá Noel ?
Son dous elementos que tradicionalmente, hai cincuenta anos comezaron a introducirse nas nosas casas por influencia doutras culturas.
Nós celebrabamos o Nadal con beléns e cántigas, e aínda que había tamén figuras como o Apalpador nas montañas de Lugo e Ourense, en xeral esperabamos os agasallos na noite de Reis.
Comecemos polo que celebramos no día 24 de Nadal, é dicir, o nacemento e utilicemos este vídeo e unha fermosa cantiga tradicional adaptada recentemente polo grupo Berroguetto:
Este é o texto do nadal tradicional:
Cara Belén camiña unha nena ocupada
fermosa canda ela San Xosé a acompaña.
Chegaron a Belén e pediron pousada,
responderon desde dentro con voz alborotada
-Quen chama a miña porta, quen a miña porta chama?
-Somos Xosé e María que pedimos pousada
- Se traen cartos que entren e se non que se vaian.
- Cartos non traerei máis que un real de prata
-Iso é poucos cartos, pídano noutra parte.
San Xosé se apenaba, María o consolaba.
Non te apenes Xosé, non te apenes por nada,
que máis cartos ti queres que Isto que me acompaña?
Outra das particularidades do noso Nadal é a figura do Apalpador:
Un ciclo, o de Nadal, que remata o 6 de xaneiro coas danzas de Reis coma estas: