NORMARÍN



O meu perfil
 CATEGORÍAS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

No comezo da Primavera: Sarmiento
Agora que vén a primavera vén a conto lembrar que por estas datas naceu Sarmiento o primeiro autor da nosa literatura contemporánea, o que deu pé á paracición do movemento denominado Rexurdimento coa creación dun libriño que titulou: Coloquio dos 24 galegos rústicos ou das 1200 coplas.



Esta obra que non se publicaría ata despois da súa morte serviu dse modelo formal e de contidos para os autores que virían logo Pintos, Rosalía... Imos lembrar algo do que dicía á altura de 1746 nestas coplas:

Teñen os pobos a gala
na súa linguaxe falar,
fálase chinés na China,
portugués en Portugal,
catalán en Cataluña
e na Alemaña, alemán.
Soio os galegos de agora
ata vergonza lles dá
falar a melosa e doce
fala que falan os seus pais.


Martín Sarmiento.
Comentarios (0) - Categoría: O GALEGO DÍA A DÍA - Publicado o 15-03-2012 13:26
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal