NORMARÍN



O meu perfil
 CATEGORÍAS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Achegándonos a Nadal debemos saber...
En Galicia acabamos de rematar o mes de Defuntos, para nós moi importante porque estamos no país dos mortos, iso é o que en moitos contos e lendas se nos transmite. Despois deste período de tebras e purificación achegámonos ao Nadal, unha festa de fonda tradición cristiá, pero que tamén ten conexións con ritos anteriores ao cristianismo e que dalgún xeito foron amalgamados aos propios da igrexa. Galicia mantén con estas datas unha curiosa e interesante relación que pretendemos descubrir e investigar. Para comezar as nosas pescudas suxerímosvos consultar por exemplo este artigo na Galipedia E por suposto este traballo en formato de libro disco (DVD) que con carácter didáctico é unha das referencias fundamentais máis recentes para levar ás aulas a tradición de Nadal en Galicia.



Para pasar do tempo de outono cara o de Nadal mirade o que imaxinaron os do CEIP de Aguiño:



Unha chea de refráns axudan a entender este paso cara o Nadal:

Ata Navidad, nin fame nin frío pasarás.
Polo S. Andrés agarra o porco polo pé, e se non o queres matar, déixao para Navidad.
Ata o día de Nadal non é inverno de verdá.
Ata que chegue Nadal, non botes man a podar.
No S. Antón, a galiña pon; na Noiteboa, a galiña boa; na Candelaria a boa e a mala.
Se a noite de Nadal foi de luar, labra ben para sementar; se a noite de Nadal foi de escuro, sementa no terrón duro.
De Todos os Santos a Nadal, ou ben chover ou ben xear.
De Todos os Santos ata Advento, nin demasiada chuvia nin demasiado vento.

De todos os Santos a Nadal, perde a panadeira o caudal.
Polo Nadal, cada ovella no seu curral.
Polo Nadal, volta ao casal.
En Nadal, chover e nevar e escarabanar.

Navidad en domingo, vende os bois e bótao en trigo.
Navidad en venres, sementa onde puideres.

Un mes antes e un despois de Nadal é inverno de verdá.
Comentarios (0) - Categoría: O GALEGO DÍA A DÍA - Publicado o 03-12-2011 08:31
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0